31/03/09

Libros e cartas para adultos

Este curso, a carta é o obradoiro de escritura que estamos preparando co alumnado.
Por iso, hoxe queremos recomendarvos a pais e nais un par de libros que nos gustan moito, e que teñen como eixo principal a carta.
Son libros para o lecer, sen demasiada transcendencia, pero que vos han deixar boas sensacións.

O primeiro deles é de Jane Austen, editado por Alba clásica, unha colección que nos gusta especialmente.


Título: "Lady Susan. Los Watson". Esta obra publicouse despois de morrer Jane Austen.

O libro ten dúas novelas ou relatos. No primeiro, Lady Susan, cóntanos a historia a través das caras que os protagonistas se van enviando. O segundo relato, Los Watson, é a primeira parte dunha novela incompleta, pero con todas as características das novelas da autora.
O outro libro que queremos recomendarvos é mais actual:

"La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey" de Mary Ann Shaffer.Edita RBA


Neste caso, a autora empezou o libro ao rematar a 2ª guerra mundial,pero rematouno pouco antes de morrer no 2008, e coa axuda dunha sobriña.


A historia é certamente divertida. Transcorrre en Guernsey, que é unha illa inglesa pero moi cerca da costa francesa. Na 2º guerra mundial os alemáns ocupáronna, e obrigaban aos habitantes a darlles todo o gando que criaban, pois axiña franceses e ingleses impediron a chegada de alimentos, para forzar a saída dos alemáns. Como consecuencia, os nativos teñen que forzar o seu inxenio para esconder porcos e galiñas.

Nunha ocasión fan unha festa "segreta "para comer un porco, pero a festa dura ma
áis da conta, e no camiño de volta a casa, algúns convidados atópanse cunha patrulla de alemáns.

Para xustificar a súa presenza nos camiños despois do toque de queda, alegan que veñen dunha xuntanza literaria.

Pero o xefe da patrulla alemá, a quen lle gustan os libros, fala de ir á próxima xuntanza e participará el tamén . Non cumprirá a súa promesa. pero os veciños, ( a maioría dos cales apenas leran un libro na súa vida) vense obrigados a facer o club.
De todas as andanzas sabemos polo intercambio de cartas entre os membros do club e unha escritora londinense.

25/03/09

Nova xuntanza


Hoxe Merchi, a moderadora do Club de lectura do cole, repartiu exemplares do libro que van ler:

"Las aventuras de la mano negra" de Hans Jürgen Press.

Na elección do libro, influiu notablemente Emma, de sexto curso, que leu dezasete veces !!!! o libro.

Trátase de catro amigos que despois do colexio, xúntanse para resolver misterios. Os lectores deben investigar ao mesmo tempo que os protagonistas, a través dunhas pistas.Está prohibido pasar páxina sen intentalo primeiro!!!!

21/03/09

Libros e cartas

Este curso que andamos traballando a carta, queremos recomendarvos algúns libros :
"Cartas de Félix".de Annete Langen e Constanza Droop. Editorial Acanto.
Félix é o oso de peluche de Sofía, e nunha viaxe, pérdese. Pero pronto Sofía empezará a recibir cartas de Félix dende diferentes países, con pequenas descricións das curiosidades do lugar. É un libro moi bonito, e moi ben presentado.Está na nosa biblioteca.

"Cartas que veñen e van" .E un libro con CD incluido, que leva cancións de Mamá cabra.

Este libro podedes velo na biblioteca da aula de Música.


"Carta ó meu amigo" De Mait Carranza ilustrado por Mercé Aranega, e publicado por Xerais.

E un libro para nenos de 6 a 8 anos, atoparalo no recanto dos libros vermellos.

E para os maiores do cole: "El cartero de Bagdag" de Marcos S. Calveiro, de Edelvives.

En Bagdag caen as bombas, as escolas están pechadas, e Ibrahim reparte cartas. Hai unha que quere entregar como sexa,..

Aquí tes un trailer da peli:




11/03/09

¿Que libros len en 5º curso?

Preguntamos a Thais, Ana e Jessica de quinto curso que libros están lendo.Estes son:



Thais está lendo “El valle de los lobos”de Laura Gallego.A súa opinión é:
“O libro está moi ben.Trata dunha nena chamada Dana, que dende os seis anos coñece un espectro chamado Kai. Este vaina guiando, ata que Dana medra e convértese nunha verdadeira maga". Se premes no libro, entrarás na páxina oficial da escritora.


Jessica está lendo: “¿Queres se-lo mozo da miña irmá?”de Maite Carranza. E di do libro: “É moi gracioso, divertido e con personaxes moi simpáticos.Trata da protagonista, que é unha nena que ten unha irmá adolescente que sempre di que non e a protagonista intenta atoparlle un noivo.E cando llo atopa, pásalle a ela o mesmo que a súa irmá” Pulsa no libro para entrar na páxina oficial de Maite Carranza.
Ana está a ler “Un hamster desaparecido” e conta: “Trátase dun hamster desaparecido, que grazas a un neno que se chama Nino Puzzle e coa compañía da súa amiga Mina, resolven o misterio. É un libro que entretén moito”
Mirade como esta nena presenta un libro de Nino Puzzle aos seus compañeiros. Quen se anima a facelo igual?





PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas