20/11/09

O aniversario de Astérix e Obélix


Temos na nosa biblioteca, o álbum que conmemora os 50 anos de aventuras con Astérix e Obélix:O ANIVERSARIO.O libro de ouro

Son 56 páxinas inéditas que se publicaron simultaneamente en outros trece idiomas:

francés , alemán ,español, holandés, catalán, vasco, inglés, portugués, italiano, finlandés, noruegués,danés e checo.

17/11/09

Como falar de arte aos nenos

Ese é o título dun libro, editado por Nerea coa subvención do Ministerio de Cultura e a Consellería de Cultura e Deporte, e escrito por Françoise Barbe-Gall.
A tradución ao galego é de Mercedes Pacheco Vázquez.

Este libro é un manual dirixido a pais e profesores, coa intención de mostrarnos o camiño para ensinarlles aos rapaces a entrar no mundo da pintura.

O libro ten unha primeira parte onde indica qué amosarlles aos rapaces dependendo da súa idade.

Logo ten un longo apartado onde responde a unha serie de cuestións tales como:

Por que algúns cadros están asinados e outros non?

Por que os cadros antigos son a miúdo escuros?

Por que non hai moitas mulleres pintoras?

Cal é a diferenza entre un cliente e un mecenas?

Que é un cadro abstracto?

A lista é longa, moi interesante, e as respostas moi sinxelas.

A continuación conta cun apartado, o máis longo, titulado "Saber ollar un cadro", onde atopamos a reprodución de 30 cadros, con recomendacións de que mirar, segundo a idade do neno/a.


É un libro para ler dun tirón, que nos gustou moito. Se vos gusta a arte, non o perdades.

07/11/09

Clubs de lectura curso 2009/2010

Este curso aumentaron moito as solicitudes de participar no Club de lectura do colexio. Por este motivo van funcionar dous clubs de lectura. As coordenadoras dos clubs van ser as profes Gloria e Merchi, que contarán coa colaboración de Jorge.


Un dos clubs, o de alumnos de 5º, vai ler “La canción de Amina” de Sigrid Heuck. Este é o resumo:

"A máxima ilusión de Amina, a filla dun xeque árabe, é aprender a montar a cabalo.Pero no seu pobo só os homes poden montar, Un día, no deserto, Amina coñece a Tarik, e as cousas empezan a cambiar... "



O outro club empezará con “As bruxas” de Roald Dahl.

Este é o resumo:

É a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de bruxas de Inglaterra ...

Lembrade que queremos as vosas suxestións para as próximas lecturas.

Os membros dos clubs, que teñen 15 días para ler o libro, reciben un caderno para anotar as suxestións e ideas.


O club de lecturas de 5º chámase "Amigos de aventuras"
O de sexto "Marcapáxinas"

Se queredes saber algunha das lecturas que vos esperan, entra aquí.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas