Falamos de "Os megatoxos",de Anxo Fariña, e os que estaban alí comentaron que o libro lles gustara .
O personaxe que máis lles gustou foi Ninfa, porque "é mais decidida e independente. Lúa pareceulles menos interesante e "moi modosa".Nesta opinion coincidiron Almudena, Andrea C., María, Andrea R. e Laura.
Faiscas foi o personaxe que menos lles gustou, pois atoparonno un pouco "chulito".
Eles pensan que o escritor irá paseando aos protagonistas pola historia, e a Andrea gustarialle que os levara á época dos romanos, mentras que Miguel quere que os leve ao futuro.Imaxinan que en cada aventura van atopar un amigo...e pensan que en cada época o amigo será descendente do anterior...¡imaxinación nos lles falta!
Ninguén duda de que as historias van continuar, e Jose e Miguel pensan que o final acabarán capturando ao megatoxo na época actual.
Participaron:
Andrea C. , Miguel, Jose, María , Laura, Andrea R., Almudena, todos de 6º curso, e Iván, Thais e Carmen de 4º curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.