O vindeiro xoves 29 teremos a última reunión do club de lectura de familias.
Así remataremos este curso, vivindo as sensacións dunha nena casada aos quince anos no século XVI.
O vindeiro xoves 29 teremos a última reunión do club de lectura de familias.
Así remataremos este curso, vivindo as sensacións dunha nena casada aos quince anos no século XVI.
Esta semana temos xuntanza do club de lectura de familias.
Nesta ocasión comentaremos El mar, el mar , de Iris Murdoch.
Esta semana teremos a primeira reunión do club de lectura de familias.
Animádevos a participar.Comentaremos "As malas mulleres" de Marilar Alexandre, que nos traslada ao labor das visitadoras de prisións de mulleres a principios do século XX e as vidas das mulleres encarceladas na prisión da Galera na Coruña.
Neste curso que remata comezou a andaina dun novo club de lectura en quinto de primaria, chamado "Cazalibros".
Tras unha primeira xuntanza, na que falamos dos nosos gustos literarios e fixemos diferentes propostas, decidimos empezar coa lectura da novela "Como pez en el árbol", na que a escritora Lynda Mullaly Hunt, baseándose na súa propia experiencia, trata o tema da dislexia desde o punto de vista dunha nena.
O curso xa rematou e "A axencia de lectura" despídese do cole cunha última tertulia, sobre o primeiro libro da saga "Mystical" (da escitora Marta Álvarez e a ilustradora Laia López) que, igual que as lecturas anteriores, nos leva a un mundo de maxia.
Hai uns días tivemos xuntanza da Axencia de Lectura para falar sobre "El castillo ambulante", unha novela da escritora Diana Wynne, que nos gustou moitísimo, e quixemos compartir esta fantástica historia coas nosas compañeiras e compañeiros da clase, convidándoos a mirar a película realizada polo afamado director de animación Hayao Miyazaki, baseada no libro.
Hoxe tivemos a primeira tertulia literaria da "Axencia de lectura", na que comentamos o libro "Defensores de dragones", escrito por Esther Vázquez e ilustrado por Víctor Rivas.
Escollémolo porque parecía interesante, pero superou as nosas expectativas: a autora mergullounos nunha fantástica historia na que conviven humanos e dragóns, hai bruxas malvadas, un diario máxico, unha biblioteca marabillosa!... e unha princesa moi especial, que vive unha aventura incrible, na que acabará descubríndose a si mesma e..., non podemos contar nada máis! Simplemente, recomendárvolo, porque nos encantou!
E agora decidimos seguir navegando por mundos fantásticos, da man da escritora Diana Wynne e seu libro "El castillo ambulante".
Ata pronto!
Felices lecturas!
Ola!
Despois de case dous anos, volvemos ter clubs de lectura no cole.
Nós somos "A AXENCIA DE LECTURA", o club de sexto, e vimos con muitas ganas de ler e muitas lecturas que recomendar.
Para empezar, escollemos o libro "Defensores de dragones", da escritora Esther Vázquez.
A historia parece interesante.
Xa vos contaremos.