Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura de 5º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura de 5º. Amosar todas as publicacións

12/02/25

Xuntanza do club de lectura de quinto

   

Xa lemos "Escarlatina, a cociñeira defunta", de Ledicia Costas, ...e encantounos!

É un libro divertido, tenro  e...delicioso: ten incorporado un recetario moi apetitoso.

Cando tivemos a reunión para comentalo, non puidemos resistir a tentación probar algunhas das receitas: estaban boísimas!






14/11/24

Club de lectura de quinto

Xa temos Club de lectura en quinto: "Tragalibros"

Acabamos de empezar e temos muitas ganas de ler e compartir as nosas lecturas.

A primeira de todas vai ser "Escarlatina, a cociñeira defunta", de Ledicia Costas.

Xa vos contaremos....!



 

17/06/23

Club de lectura de quinto

No segundo trimestre decantámonos polo cómic. Fixemos unha selección de títulos que fomos intercambiando e reunímonos para comentar as nosas impresións e preferenzas trala súa lectura.


E a partir do comentario dunha compañeira que lera en formato cómic "El diario de Ana Frank", decidimos lelo, coñecendo  primeiro a súa historia a través dunha breve adaptación da novela publicada por Susaeta.    
 


E así rematamos o curso!
Dentro de tres meses vémonos no Club de lectura de sexto!

Feliz verán!





27/10/22

Club de lectura de quinto

Neste curso  comezou a andaina dun novo club de lectura en quinto de primaria, chamado "Cazalibros".

Tras unha primeira xuntanza, na que falamos dos nosos gustos literarios e fixemos diferentes propostas, decidimos empezar coa lectura da novela "Como pez en el árbol", na que a escritora Lynda Mullaly Hunt, baseándose na súa propia experiencia, trata o tema da dislexia desde o punto de vista dunha nena.


20/06/19

Despedida do club de lectura de 5º

                      Ola!

    A nosa última xuntanza deste curso foi un pouco especial:despois de ler o libro Wonder.La lección de August, da escritora Raquel J.Palacio , xuntámonos para comentalo e invitamos a toda a clase a mirar a película.
O libro, como o seu título indica, é marabilloso, e a película reflexa fielmente o que nos transmitiu a autora : emoción, tenrura, superación,... Unha auténtica lección de vida!
     E agora despedímonos ata setembro, onde estaremos  xa no novo club de lectura de 6º.
                    
                                    As devoradoras de libros
                                                             



FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!









F





24/01/19

Xuntanza do club de lectura de 5º

Ola!
As Devoradoras de libros (Agora somos todas nenas) lemos  Mondragó.La gran pruebada escritora Ana galán, e recomendámosvos que o leades porque é moi interesante, divertido e aventureiro.
Conta a historia dun neno chamado Cale que, como é tradición no seu pobo, ós once anos consegue o seu propio dragón, co que vivirá aventuras , xunto cos seus amigos Arco, Casi e Mayo.


Ata pronto!

29/11/18

Xuntanza do club de lectura de 5º



Hoxe tivemos a nosa primeira tertulia literaria, na que comentamos o libro
O meu pesadelo favoritoda escritora e xornalista María Solar.



Conta unha disparatada historia na que se mesturan o mundo real e o mundo dos soños, o humor e os sentimentos, a ciencia e a fantasía.  
Animádevos a lelo e descubriredes personaxes tan interesantes como un alieníxena que viaxa polos sumidoiros e intenta entender o comportamento dos terrícolas, un veterinario que receita xarope de can ás persoas, un científico que crea animais imposibles, ou os nosos favoritos:un vendedor de olores e unha repartidora de bicos.

                      Os devoradores de libro


                       

22/10/18

 Novo club de lectura de 5º
  Ola!
Somos Os devoradores de libros e chegamos con moitas ganas de compartir 
con vós as nosas lecturas .
Para empezar , mergullámonos con María Solar no mundo dos soños, no seu libro O meu pesadelo favorito, que recibiu o Premio Lazarillo 2014.





FELICES LECTURAS!



18/06/18

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA DE 5º

Hoxe foi a última xuntanza do Diario do lector e nela falamos do libro "Os Megatoxos",de Anxo Fariña.
Nun principio parecíanos un libro moi interesante , pero unha vez que empezamos a lectura descubrimos que os personaxes (nenos e nenas con poderes ) superaban ó desenvolvemento da historia, que nos resultou bastante aburrida.


Agora  despedímonos ata setembro, cando voltaremos para formar
 o novo club de lectura de 6º!



FELICES VACACIÓNS E FELICES LECTURAS!

















15/05/18

RECITANDO A TEIJEIRO

Como xa vos contamos, nos clubs de lectura de 5º e 6º estivemos lendo,  recitando e ilustrando poemas de Antonio García Teijeiro e agora queremos 
compartilos con vós. 

26/04/18

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 5º DE PRIMARIA

Onte houbo renión do Diario do lector e nela falamos do libro Mondragó.La gran prueba, de Ana Galán: un libro moi divertido, con aventuras, intriga, emoción, fantasía, con momentos graciosos e dragóns marabillosos.
Recomendámosvos que o leades e, se vos gusta, podedes seguir a historia nos demais libros da saga.



Quedamos para a próxima!
Falaremos dos Megatoxos, de Anxo Fariña.

Felices lecturas!

21/02/18

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 5º DE PRIMARIA

             Ola!
             Xa está aquí O diario do lector para falarvos do último libro que lemos,
No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz:un fermoso libro  que narra a relación entre unha nena coma nós e un trasno centenario, que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos e outros algo tristes e reflexionar sobre a  amistade  e o valor dos amigos para superar os problemas. 

                             Ata pronto!

                           Felices lecturas!




15/12/17

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 5º DE PRIMARIA

          Ola!
          Somos o club de lectura O diario do lector e onte tivemos a nosa primeira tertulia literaria, na que falamos do libro As bruxas, do célebre escritor galés Roald Dahl.
           Encantounos esta historia chea de emoción, misterio, algo de medo...e moito humor.E ese final feliz, pese a todo, (e moito mellor que o da película, por certo),cargado de ilusión e cunha mensaxe na que pensar:
            "Non importa quen es ou que semellas
                          se alguén te quere".
 Quen non o leu aínda, que o faga, que vale a pena.

                                Ata pronto!


21/09/17

CLUB DE LECTURA DE QUINTO

Empezamos un novo curso e estreamos club de lectura en quinto , "O diario do lector", con moitas ganas de ler e de compartir experiencias literarias.
Manterémosvos informados das nosas andainas.



                    FELIZ CURSO E FELICES LECTURAS!

27/04/17

XUNTANZA ESPECIAL DOS CLUBS DE LECTURA DE 5º E 6º

Dentro das actividades do mes do libro, os clubs de lectura de 5º e 6º decidimos xuntarnos para falar sobre os nosos momentos e lugares preferidos para a lectura e fixemos un exercicio de creación colectiva de historias,no que saíron cousas curiosas e divertidas: unha forma máis de conmemorar o día do libro.







                         FELICES LECTURAS!!

20/01/17

Novo trimestre, nova lectura

Ola a todos e todas !
O club de lectura de 5º iniciamos unha nova lectura.
Como continuamos recordando a figura de Roald Dahl, este trimestre imos ler o libro "As Bruxas"
Esperamos pasalo igual de ben que co anterior, ademáis neste trimestre a familia medrou, pois se animaron dous compañeiros máis.
Un saúdo


20/12/16

CENTENARIO ROALD DAHL

  Con motivo da celebración do centenario do nacemento de Roald Dahl (1916 - 2016), nos clubs de lectura de 5º e 6º estivemos lendo libros do autor (" Charlie e a fábrica de chocolate" e "As bruxas") e mañá miraremos películas baseadas nas súas obras ("Matilda" e "Mi amigo el gigante").
  E como culminación da nosa homenaxe a este gran escritor hoxe elaboramos uns murais nos que recollemos parte da súa vida e da súa obra.Aquí vos deixamos unha foto e a nosa recomendación de que leades algún dos seus libros : veredes como vos gusta!




FELICES FESTAS E FELICES LECTURAS !


11/05/16

CLUB DE LECTURA DE 5º

Ola!
          Imos falarvos do libro que comentamos na tertulia de hoxe, Cuando Hitler robó el conejo rosa, da escritora Judith Kerr:




 Á maioría de nós pareceunos algo aburrido, ó mellor porque esperabamos máis del, pero  outros consideramos  que é un libro moi bonito, no que se van vendo os cambios na vida dunha nena e da súa familia xudea entre os anos 1933 e 1935, por culpa de Hitler.

         
           Aparte deste libro, algunhas de nós tamen lemos Skeleton creek:El diario de Ryan, de Patrick Carman, e aproveitamos para comentalo:




É un libro completamente diferente ó anterior:está escrito en forma de diario, é unha historia de terror ,ambientada na época actual , e coa sorpresa engadida de que para seguir a trama hai que ir vendo uns vídeos en internet ós que se accede con contrasinais que se atopan no libro: encantounos!


                          Esta foi a última xuntanza de O mundo da lectura neste curso.Esperamos seguir en 6º...de feito, xa temos un par de títulos anotados para a volta.

                            BO VERÁN E FELICES LECTURAS!

                                     BICOS E APERTAS!

                                ATA O CURSO QUE VÉN!



27/04/16

OS CLUBS DE LECTURA CELEBRAN O MES DO LIBRO

E que mellor forma de facelo que xuntándonos "Os cinco e a fábrica de libros" 
(o club de lectura de 6º) e "O mundo da lectura" (o club de 5º)?
Pois alá fomos hoxe todos e todas á biblioteca, onde, entre galletas e pinturas, comentamos as nosas lecturas favoritas e elaboramos un mural conmemorativo.

                 Estes son algúns dos nosos libros preferidos:





                                   
                            E así foi a xuntanza de hoxe  :











 FELIZ MES DO LIBRO!!! 
                   E
      FELICES LECTURAS!!!

16/03/16

"O MUNDO DA LECTURA"

Hoxe houbo xuntanza do club de lectura de 5º para comentar o libro de Jacobo Fernández Serrano "Mil cousas poden pasar".
E entre esas mil, pasou que non nos gustou nada de nada.Así que, sen máis comentarios, quedamos citados para a vindeira tertulia, na que falaremos de 
"Cuando Hitler robó el conejito rosa", de Judith Kerr.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas