Amosando publicacións coa etiqueta curso 2017-2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2017-2018. Amosar todas as publicacións

18/06/18

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA DE 5º

Hoxe foi a última xuntanza do Diario do lector e nela falamos do libro "Os Megatoxos",de Anxo Fariña.
Nun principio parecíanos un libro moi interesante , pero unha vez que empezamos a lectura descubrimos que os personaxes (nenos e nenas con poderes ) superaban ó desenvolvemento da historia, que nos resultou bastante aburrida.


Agora  despedímonos ata setembro, cando voltaremos para formar
 o novo club de lectura de 6º!



FELICES VACACIÓNS E FELICES LECTURAS!

















15/05/18

RECITANDO A TEIJEIRO

Como xa vos contamos, nos clubs de lectura de 5º e 6º estivemos lendo,  recitando e ilustrando poemas de Antonio García Teijeiro e agora queremos 
compartilos con vós. 

26/04/18

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 5º DE PRIMARIA

Onte houbo renión do Diario do lector e nela falamos do libro Mondragó.La gran prueba, de Ana Galán: un libro moi divertido, con aventuras, intriga, emoción, fantasía, con momentos graciosos e dragóns marabillosos.
Recomendámosvos que o leades e, se vos gusta, podedes seguir a historia nos demais libros da saga.



Quedamos para a próxima!
Falaremos dos Megatoxos, de Anxo Fariña.

Felices lecturas!

23/03/18

XUNTANZA POÉTICA DOS CLUBS DE LECTURA

    Xa estamos en marzo, o mes da poesía, e este ano en Quintela dedicámosllo  a Antonio García Teijeiro, recente gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co seu libro "Poemar o mar".
    Os clubs de lectura de 5º e 6º  tivemos unha xuntanza especial na que recitamos e ilustramos algúns dos seus poemas.Foi unha actividade moi bonita e, como nos soubo a pouco, decidimos que queremos compartila co resto do cole, pero... terá que ser á volta das vacacións!

    Aquí vos deixamos unhas fotos:







FELICES VACACIÓNS E FELICES LECTURAS!


21/02/18

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 5º DE PRIMARIA

             Ola!
             Xa está aquí O diario do lector para falarvos do último libro que lemos,
No corazón do bosque, de Agustín Fernández Paz:un fermoso libro  que narra a relación entre unha nena coma nós e un trasno centenario, que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos e outros algo tristes e reflexionar sobre a  amistade  e o valor dos amigos para superar os problemas. 

                             Ata pronto!

                           Felices lecturas!




15/12/17

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 5º DE PRIMARIA

          Ola!
          Somos o club de lectura O diario do lector e onte tivemos a nosa primeira tertulia literaria, na que falamos do libro As bruxas, do célebre escritor galés Roald Dahl.
           Encantounos esta historia chea de emoción, misterio, algo de medo...e moito humor.E ese final feliz, pese a todo, (e moito mellor que o da película, por certo),cargado de ilusión e cunha mensaxe na que pensar:
            "Non importa quen es ou que semellas
                          se alguén te quere".
 Quen non o leu aínda, que o faga, que vale a pena.

                                Ata pronto!


21/09/17

CLUB DE LECTURA DE QUINTO

Empezamos un novo curso e estreamos club de lectura en quinto , "O diario do lector", con moitas ganas de ler e de compartir experiencias literarias.
Manterémosvos informados das nosas andainas.



                    FELIZ CURSO E FELICES LECTURAS!

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas