“A miña amiga a escuridade” de Ella Burfooot. Baía Edicións.É un conto para os mais pequenos do cole.María, a protagonista ve como a escuridade entra pola fiestra do seu cuarto, e en vez de asustarse, xoga, e baila con ela. O conto está moi ben ilustrado, mesmo agradable ao tacto, pois combina dúas texturas en cada páxina.
Gústanos moito o esforzo que está facendo esta editorial por ofrecer libros atractivos, e cubrir o déficit de libros informativos para nenos, en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.