13/04/10

Momo

Hoxe celebrouse unha nova xuntanza do club de lecturas do cole Marcapáxinas. O libro que leron desta vez era "Momo" de Michael Ende.
A historia non lles gustou demasiado, porque atoparon pasaxes que non comprendían ben.O comparaban nese aspecto co principiño.
Pablo comentou que houbo pasaxes do libro que lle interesaron, pero que a maneira de desenvolverse as situacións o decepcionou.
Aproveitaron para falar de libros que leron últimamente e que si lles gustaron. Había a opinión xeral de que "As bruxas" de Roald Dhald gustara moito. Tamén falaron de varios libros de Laura Gallego, de "O misterio dos fillos da lúa", de Fina Casalderrey, de "Queres selo mozo da miña irmá?" de Maite Carranza, do primeiro tomo de Molly Moon, ( o segundo non lles gustou).
Foi un pracer estar con eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas