Esta semana tivemos unha
xuntanza especial do club de lectura de 6º.
Estivemos falando das nosas vivencias cos libros, a partir da lectura dos Dereitos do lector, de Daniel Pennac, e descubrimos que estamos de acordo con todos eles e que, de feito, todos nós lemos o que queremos, cando e onde queremos (ás veces ás agachadas), saltamos os fragmentos dos libros que non nos interesan, ou non acabamos o libro que temos que tratar na xuntanza do club porque, despois de corenta páxinas, decidimos que non nos gusta e que non temos por que chegar ó final...
É que a lectura para nós é un pracer!!!
Así que empezamos unha nova etapa no club de Megalectores, na que o único que queremos facer é gozar coa lectura e compartir cos nosos compañeiros e compañeiras as nosas viaxes a través dos libros.
Para empezar, o vindeiro mércores temos a nosa primeira tertulia, sobre o libro Skeleton ceeek, de Patrick Carman.
Se alguén se anima, a cita é ás 11.30 na biblioteca.
Boas lecturas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.