11/12/13

Xuntanza do club de lectura de 6º

                       Ola!  Somos "Os Megalectores".

          Ímosvos facer unha adiviña: a ver se sabedes o libro que lemos e comentamos hoxe.
Trata da vida dun neno de 7 anos que é moi traste e ten uns amigos moi curiosos, cos que fai moitas falcatruadas.
O autor é un escritor e guionista francés moi coñecido polas súas historias, como, por exemplo, "Asterix e Obelix", "Luky Luke", etc, traducidas a moitos idiomas e levadas ó cine.
Os debuxos, moi divertidos, son do famoso ilustrador Sempé.
O libro foi publicado en 1960 e despois o autor escribiu 4  máis da mesma serie; e incluso despois da súa morte saíron novos volumes con historias que só se publicaran ata o momento en revistas.

     O libro ten momentos moi divertidos.

...Se aínda non sabedes a resposta, dirémola na crónica da seguinte reunión dos Megalectores, que será sobre o libro "Konrad, o el niño que salió de una lata de conservas", de Christine Nöstlinger.

                              Ata pronto!

   

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas