Ceip Quintela Moaña.
Equipo de Biblioteca.
O libro-forum.
POR QUE ?
No colexio, alguns compañeiros e compañeiras tiñamos a teima de que os nosos alumnos, ainda os que len moito, as veces remataban o colexio sen ter lido alguns libros que nos consideramos importantes dentro da literatura infantil e xuvenil. Tiñamos a inquedanza de que non coñeceran certos personaxes moi famosos , historias ou escritores para nós fundamentais.
Ese foi o motivo polo cal decidimos adicar unha parte da dotación económica deste curso a compra de grupos de 20 exemplares iguais de libros para cada curso, para que fixeran a lectura na clase co titor.
COMO?
A nosa intención é incrementar estes fondos curso a curso.ata conseguir tres libros por curso e alumno,de xeito que ao rematar a primaria teñan lido 18 libros que nos consideramos importantes para a súa formación lectora e literaria.
Esta actuación é económicamente gravosa,pois falamos de mercar cada curso uns 120 libros somentes para esto, (aparte das compras da biblioteca, que ten que seguir medrando)pero pareceunos imprescindible que leven un certo bagaxe literario ao rematar os estudos primarios.
Esta actividade gusta moito aos titores e colaboran gustosamente.
CALES?
Os criterios para a selección de libros son variados,e non sempre hai unaminidade entre o equipo de biblioteca.
Para a súa elección utilizamos criterios variados:
que seña un clásico da literatura infantil e xuvenil
,ou que o autor seña moi recoñecido,
que o texto e a presentación señan moi coidados,
que axude a súa educación emocional.
que inclua diferentes formas literarias
ou que simplemente nos guste moito.
A NOSA ELECCIÓN PARA ESTE CURSO. (2006-07)
-Para 1º de Primaria:
“Lecturas para dormir a un rey”.Begoña Oro.
Editorial SM
-Para 2º de Primaria:
“Contos de ratiños”.Arnold Lobel.
Editorial Kalandraka .
-Para 3º de Primaria:
“A escola dos piratas”.Agustin Fernández Paz.
Editorial Rodeira-Edebé.
-Para 4º de Primaria:
“Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar”.Luis Sepúlveda.
Editorial Tusquets.
-Para 5º de Primaria:
“Matilda”.Roald Dahl.
Editorial Alfaguara Obradoiro.
-Para 6º de Primaria:
“A illa do tesouro”.R. L. Stevenson.
Editorial Xerais
25/03/07
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
PARA FACER UN COMENTARIO
-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.