domingo, febrero 5

La sociedad literaria...

O xoves 26 de Xaneiro tivemos a xuntanza do club de lectura de nais.
Comentamos a última lectura: "El curioso incidente del perro a medianoche" de Mark Haddon.
Nesta ocasión non houbo "consenso" . A interpretación do libro foi diferente entre os membros do club.
Mentras a algúns parecíalles un relato no que se enfrentaba a inocencia do protagonista coa maldade do seu entorno, outros contemplaban a dificultade de convivir con un neno así, e a angustia que padecen os que lle rodean frente a simplicidade do seu pensamento.

A próxima cita será para comentar "La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey".de Mary Ann Shaffer.
Resumen textual de Lecturalia:

La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey de Mary Ann Shaffer:

Enero de 1946: Londres emerge de las sombras de la segunda guerra mundial. La escritora Juliet Ashton encuentra la carta de un desconocido, un nativo de la isla de Guernsey, a cuyas manos ha llegado un libro de Charles Lamb que perteneció a Juliet. A medida que Juliet y el desconocido intercambian cartas, ella se queda atrapada en el mundo de este hombre y sus amigos, que resulta ser un mundo maravillosamente excéntrico. Esta novela ostenta una galería de personajes profundamente peculiares, todos amantes de la literatura, que intentan sobrellevar la ocupación nazi organizando reuniones de lectura sobre novelas clásicas, alrededor de un pastel de patata.


Atopamos este blog na rede, sobre o libro:


La sociedad literaria

miércoles, diciembre 7

Matilda nos "Comilóns de libros"

HOXE FOI A NOSA PRIMEIRA XUNTANZA DO CURSO.
LEMOS O LIBRO "MATILDA", ESCRITO POR ROALD DAHL E ILUSTRADO POR QUENTIN BLAKE (OS MESMOS DO LIBRO "AS BRUXAS", QUE LEMOS O CURSO PASADO).
ESCOLLEMOS ESTE LIBRO, NON SÓ PORQUE NOS CHAMARA A ATENCIÓNB, SENÓN TAMÉN PORQUE O AUTOR NOS GUSTA MOITO.
É UN LIBRO MOI DIVERTIDO , CON MOITA FANTASÍA E TAMÉN ALGO AGRESIVO, POR PARTE DOS PAIS DE MATILDA E DA DIRECTORA DO COLEXIO.
RECOMENDÁMOVOLO A TODOS E TODAS!!!

miércoles, noviembre 30

Ollos de auga

Ese é o libro que comentamos na xuntanza do club de lectura de nai. O libro de Domingo Villar gustounos a todos/as, e permitiunos recrear os escenarios, tan próximos a nós.
Agardamos con interés a publicación da terceira entrega das aventuras dos seus protagonistas.
Para a próxima xuntanza decidimos cambiar de estilo literario, e escollemos
" O curioso incidente do can á media noite" de Mark Haddon, que publica Rinoceronte Editorial.

"Christopher é un chaval con sídrome de Asperger que vive co seu pai en  Swindon. Unha noite descubre o cadáver do caniche da súa veciña. A dona do can chama á policía, que empeza a interrogar ao mozo. Christopher empeza a axitarse con tanta pregunta, e decide investigar o caso, para limpar o seu nome."
A próxima xuntanza do club celebrarase en Xaneiro.

lunes, octubre 24

Nova lectura para o club

O club de lectura para nais e pais empeza este curso coa lectura de "Ollos de auga" de Domingo Villar
É unha novela de intriga, protagonizada polo inspector "Leo Caldas", e a súa acción trancurre en Vigo, e lugares moi coñecidos.
A novela é todo un éxito editorial, tanto na edición en galego como en castelán.
 

A xuntanza do club para comentar o libro sera a finais de novembro. 
Pide o teu exemplar na biblioteca do cole.

viernes, junio 24

Ultima xuntanza do curso

O luns 20 de xuño tivemos a última xuntanza de este curso do club de lectura de nais do cole.
O libro que comentamos foi "A tía Mame", que gustou moito a todas. As excentridades da protagonista, e os líos nos que se mete fixeronnos pasar moi bos momentos.
A próxima cita é para setembro, e a lectura escollida é "Ollos de auga" de Domingo Villar.