Hoxe tivemos a primeira tertulia literaria da "Axencia de lectura", na que comentamos o libro "Defensores de dragones", escrito por Esther Vázquez e ilustrado por Víctor Rivas.
Escollémolo porque parecía interesante, pero superou as nosas expectativas: a autora mergullounos nunha fantástica historia na que conviven humanos e dragóns, hai bruxas malvadas, un diario máxico, unha biblioteca marabillosa!... e unha princesa moi especial, que vive unha aventura incrible, na que acabará descubríndose a si mesma e..., non podemos contar nada máis! Simplemente, recomendárvolo, porque nos encantou!
E agora decidimos seguir navegando por mundos fantásticos, da man da escritora Diana Wynne e seu libro "El castillo ambulante".
Ata pronto!
Felices lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.