Amosando publicacións coa etiqueta Comilóns de libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comilóns de libros. Amosar todas as publicacións

19/10/12

De novo ...

Os nenos e nenas de 5º curso anotados ao club de lectura decidiron na súa primeira xuntanza empezar coa lectura de "Matilda" ..A súa moderadora é Mayca, titora de Infantil .
Os alumnos/as do club de 6º curso escolleron o 3º libro dos Megatoxos, para logo seguir con "A evolución de Calpurnia Tate". Este club ten dúas moderadoras: María, a profe de música, e Susana, profe de A.L:

Tamén os deportistas teñen afición pola lectura. Dende a asesoría de bibliotecas escolares de Galicia achégannos este titular, e o enlace:

O F.C. Barcelona crea un club de lectura para os seus xogadores de fútbol base

01/06/12

A cara oculta da Lúa....


O XOVES 30 DE MAIO TIVEMOS A XUNTANZA DOS “COMILÓNS DE LIBROS” CUN NOVO MEMBRO: DIEGO.
FALAMOS SOBRE O LIBRO DE ANXO FARIÑA
 “ OS MEGATOXOS E A CARA OCULTA DE LÚA”.
Á MAIORÍA GUSTOUNOS, ANQUE PREFERIMOS O PRIMEIRO
DA SAGA, “OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA”, PORQUE ESTE ÚLTIMO É UN POUCO PREDICIBLE.
       
ESTA FOI A NOSA DERRADEIRA REUNIÓN PARA COMENTAR UN LIBRO, PERO DECIDIMOS  FACER UNHA XUNTANZA ESPECIAL DE DESPEDIDA NA QUE CADA UN DE NÓS TRAERÁ UNHA HISTORIA, UNHA POESÍA OU UN CÓMIC, DE CREACIÓN PROPIA, PARA COMPARTILO COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS  E , SE É POSIBLE,  RECOMPILALOS TODOS NUN LIBRO.
A COUSA PROMETE!
MANTÉDEVOS ATENTOS/AS Ó BLOG!


27/04/12

Comilóns de libros e os seus contos favoritos

Os rapaces do club de lectura "Comilóns de libros" tiveron unha xuntanza extraordinaria neste mes dos libros, para falar dos seus libros favoritos. Todos expuseron diante dos compañeiros o maoitvo da suá elección. Que gustos tan variados!


16/03/12

O club de lectura de 6º

Hoxe mércores, 14 de marzo, fixemos a xuntanza do  club de lectura "Os comilóns de libros".
Lemos  "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar", de Luis Sepúlveda.
É un libro precioso, cun principio algo triste e un final esperanzador, que nos axuda a pensar no medio ambiente e o seu coidado e a respectar a todo o mundo por igual, a pesar das diferenzas.
Se queredes, dámosvos unha pista do próximo libro que imos ler:
é a 4ª parte dunha  historia que xa lemos o curso pasado, megadivertida...

07/12/11

Matilda nos "Comilóns de libros"

HOXE FOI A NOSA PRIMEIRA XUNTANZA DO CURSO.
LEMOS O LIBRO "MATILDA", ESCRITO POR ROALD DAHL E ILUSTRADO POR QUENTIN BLAKE (OS MESMOS DO LIBRO "AS BRUXAS", QUE LEMOS O CURSO PASADO).
ESCOLLEMOS ESTE LIBRO, NON SÓ PORQUE NOS CHAMARA A ATENCIÓNB, SENÓN TAMÉN PORQUE O AUTOR NOS GUSTA MOITO.
É UN LIBRO MOI DIVERTIDO , CON MOITA FANTASÍA E TAMÉN ALGO AGRESIVO, POR PARTE DOS PAIS DE MATILDA E DA DIRECTORA DO COLEXIO.
RECOMENDÁMOVOLO A TODOS E TODAS!!!

05/05/11

Os comilóns de libros

HOXE TIVEMOS UNHA NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 5º, “OS COMILÓNS DE LIBROS”, PARA FALAR DE “A LAGOA DAS NENAS MUDAS”, DE FINA CASALDERREY.

O TÍTULO ERA  INTRIGANTE E DEUNOS GANAS DE LER O LIBRO, QUE RESULTOU MOI INTERESANTE: UN POUCO SERIO (POIS TRATA TEMAS COMO  O RACISMO, A INTEGRACIÓN OU O MALTRATO), PERO, Á VEZ, CON COUSAS DIVERTIDAS (COMO OS MALENTENDIDOS PROVOCADOS POLO DESCOÑECEMENTO DO IDIOMA) E CUN PUNTO DE MISTERIO (CANDO DESAPARECE ÍO).

GUSTOUNOS MOITO E COMO SEGUIMOS CON FAME…DE LIBROS, XA ESCOLLEMOS O DA PRÓXIMA REUNIÓN (QUE SERÁ A ÚLTIMA DESTE CURSO ): “MATILDA”, DE ROALD DAHL.

SE VOS ANIMADES, PODEDES LELO E COMENTALO CON NÓS.

22/02/11

Os megatoxos no club de lectura


Houbo moito debate

O XOVES DÍA 17 FIXEMOS UNHA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA “ OS COMILÓNS DE LIBROS “ PARA COMENTAR “OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA”, DE ANXO FARIÑA.
FALAMOS DE MOITAS COUSAS INTERESANTES, COMO DOS NOSOS PERSONAXES FAVORITOS ( RUXE, FAÍSCA, NINFA,...) E DAS NOSAS ESCENAS PREFERIDAS.

TAMÉN COMEMOS MOITAS PASTAS...

E ESCOLLEMOS O LIBRO PARA A PRÓXIMA TERTULIA: “A LAGOA DAS NENAS MUDAS”, DE FINA CASALDERREY.

16/02/11

Quedamos?


Maña xoves, o club de lectura de 5º curso (os comilóns de libros) vai celebrar unha nova xuntanza.

A xuntanza estará coordinada pola profesora Maica, e será na biblioteca escolar, as 11,3o
Esta vez o libro que veñen de ler é "Os megatoxos e o aprendiz de druida"

24/11/10

Os comilóns de libros

O mércores 24 de novembro reuníuse na biblioteca do cole o club de lectura de 5º, “Os comilóns de libros”, para falar do libro “As bruxas”, de Roald Dahl.
O que máis lles gustou foi:
“que ten moito misterio...pero tamén cousas divertidas”;
“cando a Gran Bruxa fulminou a outra”;
“cando se transformaban en ratos”;

...E agora, despois de ler, falar e comer ratiños de chocolate, a seguir “comendo” libros, ata a próxima reunión!

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas