
Nathan Glass regresa ao seu Brooklyn natal para escribir un libro despois de divorciarse da súa muller e superar un cancro.
É unha historia situada nun ambiente cotidiano, na que o azar entrecruza varias vidas, con un final máxico e sorprendente .

Un comerciante con un oficio un tanto estraño:Unha vez ao ano, cruza o mundo ata chegar a Xapón, compra ovos de vermes da seda e regresa a Italia para vendelos. Ata que nun dos viaxes regresa cunha carga máis delicada.
Mezcla de historia e fábula, é un relato delicado sobre o amor.

Catro persoas solitarias que nada teñen en común.Viven nos arredores da torre Eiffel, e van aprender a compartir as esperanzas, os medos, a amizade…
O equilibrio entre felicidade e desalento fan do libro unha pequena xoia.

Unha muller abre a primeira axencia de detectives de Botsuana…
É unha novela orixinal e divertida, onde a protagonista resolve os pintorescos problemas que lle presentan utilizando o sentido común e a astucia. Fácil de ler, permítenos acercarnos a Africa dunha maneira pouco convencional.
¡Feliz lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.