29/04/07

¿QUE LIBRO ESTAS LENDO...?

Preguntamoslle a Merchi,
titora de 5º curso.

Este é o libro que está lendo:

"Viaxes no scriptorium" de Paul Auster

24/04/07

Os contos do Día do Libro

Para o Día do Libro os profesores e profesoras fixemos de contacontos.Estes son algúns dos libros que lemos nas clases:
¡Manda narices! para os alumnos e alumnas de 4º curso.
Para as nenas e nenos de 2º curso: A cousa que máis doe do mundo
Os alumnos e alumnas de 6º curso escolleron ¿Queres se-lo mozo da miña irmá?
En 3º e 5º curso o libro escollido foi o mesmo A viaxe do Vento Pequeno

Os nenos e nenas de 1º curso quiseron ler Lecturas para dormir a un rey
A princesa que bocexaba a todas horas foi o conto que escolleu o profesor de Infantil de 5 anos.
Para os pequenos de 3 anos escollemos Cocorico
E para os nenos e nenas de 4 anos o conto escollido foi Palabra de crocodilo
Todos estes contos están na nosa biblioteca.

12/04/07

As nenas e nenos de 4ºcurso recomendan....


A viaxe do vento pequeno

Tedes que lelo,porque é moi divertido.Este conto leuno o profe Antón cando estabamos en 2º curso,e gustounos moito.


Ficha:"A viaxe do vento pequeno".Concha López Nárvaez, Carmelo Salmerón.Everest Galicia.




Aventuras de "la mano negra"

Gustoume moito, porque ten moita intriga e os nenos resolven os casos moi ben.(Emma)
Ficha:"Aventuras de la mano negra".Hans Jürgen Press. Planeta-Oxford

La enciclopedia de los dinosaurios.

Está moi ben, e algúns dos dinosaurios que saen son moi raros, e hai un moi parecido a E.T. (Juan)

Ficha:"La enciclopedia de los dinosaurios".Editorial S. M.


Fedorenta e a vinganza dos trasnos.

É moi divertido ,os trasnos odian a Fedorenta e collenlle a vasoira, e ela intenta recuperala. (Helena)

Ficha:"Fedorenta e a vinganza dos trasnos".Faye Unasky.Edicións Biblos.

Pantaleón, en todo como un león.
Gustoume porque unha señora, que non lle caia ben a súa nai, ensinoulle a ser forte a Pantaleón.(Paula)
Ficha:"Pantaleón, en todo como un león".Irene Fra, Carmen Gómez Ojea.Pearson-Alhambra.

04/04/07

Lectura para as vacacións

Para nenos e nenas de 10 a 12 anos:

"Palabras de caramelo".Gonzalo Moure.Edicións Xerais.

Kori é un neno saharaui sordomudo, que só recoñece as palabras nos movementos da boca.Por iso é capaz de entender o que lle dí o seu mellor amigo, un pequeno camelo. Unha historia tenra, que fará asomar as bágoas a máis de un. Para ler dun tirón.

Para primeiros lectores:

"27 historias para tomar a sopa".Ursula Wolfel. Ilustracións Bernasconi. Edicións Kalandraka.

27 emotivas historias nas que os personaxes pertenecen ao entorno masi próximo de calqueira neno: globos, pelotas, parques, animais,...Contan sempre cun curioso final. Cada conto ten unhas imaxinativas ilustracións nas que os personaxes semellan obxectos metálicos ou sofisticadas máquinas,

Para pequenos de 3 a 5 anos:

" Cinco contos con volta". Edicións A Nosa Terra.

Un rato que desaparece por un buraco, un coelliño branco que fuxe polo xardín, un caranguexo que non se cansa de andar...
Cinco contos manipulables que se van despregando e non parecen ter fin. Escritos con letras maiúsculas e con textos fáciles de memorizar.

Recomendados por Isabelén.


(Estos libros podedes pedilos na nosa biblioteca, ou nas BPM de Moaña)


PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas