29/07/07

Dúas novelas para levar á praia


"Acio sanguento" de Carlos Freire Cordeiro. Editorial Xerais de Galicia. Colección Fora de xogo.



Daniel Sieiro, sagaz policía e o seu axudante Maquieira deben descubrir que é o autor dun truculento asasinato .A novela, que está escrita como homenaxe a Dashiell Hammett, foi premio de Novela por entregas La Voz de Galicia 2005.

O autor, periodista e escritor, é natural de Moaña.





"Ollos de auga" de Domingo Villar .Editorial Galaxia



Na torre da illa de Toralla, en Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O inspector Caldas e o seu axudante, Rafael Estévez ,un aragonés ao que o cáracter dos galegos saca de quicio, serán os encargados de resolver o misterio.

Esta novela combina xénero policial e humor, polo que a súa lectura faise moi cómoda.Ten escenas verdaderamente divertidas. Non perderse a das fanecas bravas na praia de Lapamán.


É o libro de ficción en galego máis vendido no verán, por segundo ano. O seu autor promete seguir con novas entregas do inspector Caldas.

21/07/07

Libros con premio

Imos falarvos de dous libros que o IBBY (Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil) acaba de poñer na súa lista de honor:


"Pucho, o habitador dos tellados", escrito por Manuel Janeiro Casal, ilustrado por Juan Ramón Alonso, e editado por Kalandraka.
Nos anos 50 vivía en Madrid unha familia composta por un pai e un fillo. A súa casa era o derradeiro piso. Ata no horizonte, ata no solpor, ata nas mesmas nubes, había tellados...
-Ves Pucho, cantos tellados?. Seica é o campo -dicía o pai cando saían...
Manuel Janeiro crea un texto delicioso e entrañable, con descripcións precisas e evocadoras.
A ilustración é sinxela e elegante.

"29 historias disparatadas" de Ürsula Wölfel e editado por Kalandraka.

Unha rapaza non quería facer o que facía todo o mundo. Resultáballe aburrido. Por iso saía pola porta recuando. Unha vez atropelou o avó...
Un home era tan ordenado que non aturaba que as aguilas do reloxo non estivesen rectas.
Había un rapaz con ollos tan penetrantes que podía cortar o pan coa ollada.
Unha das moitas virtudes da autora Úrsula Wolfel é o sentido do humor co que aborda as pequenas historias cotiás, nas que os personaxes -tanto animais como persoas- son os protagonistas de situacións cómicas e sorprendentes.
Este libro é o terceiro dunha triloxía :
"27 historias para tomar a sopa" e "28 historias para rir",algún deles xa recomendado dende estas páxinas, Os tres están na nosa biblioteca.
¡FELIZ LECTURA !

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas