Este curso tivemos a HORA DE LER en todos os cursos, dende primeiros de Outubro.Unha sesión diaria de lectura silenciosa, de 20 minutos de duración en Primaria, e 30 minutos en Infantil.
En Primaria a sesión era á volta do recreo.Rematando xa o curso, pasamoslle aos nenos e nenas de 6º curso un par de preguntas para que avalien a experiencia:
1-¿Que che pareceu a HORA DE LER ?. ¿Gustouche a experiencia?
2-Nomea algúns dos libros que leiches na HORA DE LER.
As respostas son moi alentadoras. Hai 16 alumnos/as en 6º curso, e todos avalían positivamente a experiencia, con argumentos como:
-“Moi boa, é unha experiencia nova e gustoume ler porque nunca tiña tempo de ler na casa.”. Andrea C.-“Moi ben, sobre todo tantos libros que lin.Gustoume moito porque todo estaba en silencio e asi podíame concentrar millor na lectura” .Laura-“Pareceume boa, eu antes non leía e agora non paro de ler. Gustoume a experiencia porque mellorei a lectura.”.Jose Manuel
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.