O escritor francés Jean Marie Le Clezio é o premio Nobel de Literatura 2008.
Le Clezio é un autro comprometido , un defensor dos pobos olvidadeso e un viaxeiro que viviu en contacto coas culturas explotadas e maltratadas polo primeiro mundo.
Na nosa biblioteca escolar acaba de entrar como "novidade", un libro de contos que escribiu no ano 1978, publicado por Xerais na colección Xabarín.
A traducción do libro recibiu o premio Nacional e o da critica.
O libro titúlase "Mondo e outras historias" e son oito relatos con protagonistas " de nomes exóticos que viaxan co poder da imaxinación. Son viaxes que os levan a Barasali, Dahlak ou Hazaran".
Lede un pouco:
"A caída da noite, Mondo volvía á Casa da Luz de Ouro, comía o arroz e mailos legumes na gran sala, con Thi Chim, e despois saía ao xardín"
Mais información sobre o tema:
"Escribo porque amo escribir".
Le Clézio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.