30/01/09

Novidades para as familias



Atendendo ás peticións dalgunhas nais, seguimos mercando para a biblioteca libros que poden axudarlles na educación dos seus fillos.
Estes son algúns dos novos títulos que xa podedes levar en préstamos:


"Padres brillantes, maestros fascinantes". Augusto Cury.

"El pequeño dictador". Javier Urra.

"Los hijos tiranos".Vicente Garrido Genovés.

"Educar sin pareja". Carl Pickhardt

"La lectura y la vida".Emili Teixidor.

"Disciplina sin gritos ni bofetadas". Barbara C. Unell
Seguiremos mercando máis. Por suposto, esperamos as vosas suxestións.

20/01/09

Club de lectura do cole



Os nenos e nenas do club de lectura están lendo o segundo libro, "A lagoa das nenas mudas", de Fina Casalderrey.


O libro gustounos porque trata con delicadeza temas como o racismo, as dificultades para integrarse na escola dunha nena inmigrante,e para aprender a nova lingua,pero tamén a alegría polos novos amigos, a sorpresa polas diferenzas co seu pais de orixe,...


Parécenos que a historia é máis atractiva do que suxire a contraportada.

Esperemos que vos guste.


Aquí queda unha fermosa frase que aparece no libro:


"AS LINGUAS SON AS ROUPAS QUE VISTEN AS PALABRAS EN CADA LUGAR"


E aquí tedes varias páxinas que falan do libro, da autora e tamén da ilustradora:









12/01/09

Clara campoamor, la sufragista

Esta colección cobre unha deficiencia moi importante no apartado das biografías adaptadas ás idades máis baixas.

Cada libro está escrito por un autor diferente, pero todos cunha linguaxe moi doada para os nenos e nenas de 8 a 12 anos. En varios deles os protagonistas son nenos actuais que se atopan co personaxe histórico.
Cada libro ten ao rematar varias páxinas de actividades, con información complementaria, xogos, páxinas web, adiviñas, mapas,..

“Clara Campoamor.La sufragista”. Víctor Viladell Balasch. El rompecabezas. Colección sabeloto@s.
A protagonista. Amaia, vai de excursión co cole a Madrid. Nunha visita ao Congreso dos Deputados pérdese nos corredores, e atópase con Clara Campoamor, que lle irá contanto parte da súa historia dunha maneira directa e sinxela.É un libro apropiado para nenos e nenas de 8 a 10 anos.


Máis títulos na nosa biblioteca:
“Colón el navegante”
“Marco Polo, ”

“Leonardo da Vinci, el inventor”
“Gandhi, el pacífico”

"Curie, la atómica"
“Galileo el astrónomo”
“Einstein, el científico genial”

Bat Pat. El monstruo de las cloacas


“Bat Pat.El monstruo de las cloacas”.Editorial Montena.

Esta colección ten certa similitude cos de Gerónimo Stilton.
Os protagonistas son Bat Pat, un pequeno vampiro, e os seus amigos, Rebecca, Martín e Leo.
En cada libro presenta unha aventura diferente.
Os textos están moi ilustrados, e ao rematar cada libro hai unhas páxinas de xogos.

A miña amiga a escuridade

“A miña amiga a escuridade” de Ella Burfooot. Baía Edicións.

É un conto para os mais pequenos do cole.María, a protagonista ve como a escuridade entra pola fiestra do seu cuarto, e en vez de asustarse, xoga, e baila con ela. O conto está moi ben ilustrado, mesmo agradable ao tacto, pois combina dúas texturas en cada páxina.

Gústanos moito o esforzo que está facendo esta editorial por ofrecer libros atractivos, e cubrir o déficit de libros informativos para nenos, en galego.

Los cuentos de Beedle el Bardo


“Los cuentos de Beedle el Bardo” de J. K. Rowling, a autora da saga de Harry Potter.Editorial Salamandra .

Este libro ten cinco contos de fadas, moi simpàticos. Ao rematar cada conto, hai engadido un “erudito”comentario do profesor Albus Dumbledore.

Para o seguidores de Harry Potter, é unha nova aproximación ao seu mundo. Pero tamén para os que nunca leron eses libros, a lectura dos cinco contos de fadas é moi divertida.

Quiero ser escritora


“Quiero ser escritora” Paola Zannoner. Editorial Marenostrum

Á protagonista desta historia, Mia, gústalle escribir. Cando convocan un curso para aprender a ser escritora, decide inscribirse en segredo. Pero para entrar no curso deberá presentar un traballo escrito. Con axuda dun amigo especial, e o diario que escribiu cando era máis nova, irá facendo unha historia,...

Este libro, que mercamos grazas á recomendación de Helena de 6º curso,está moi ben escrito, resulta interesante e divertido, e ademais aprendes a escribir .Para nenos e nenas de 10 a 12 anos.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas