O club de sexto, "Amigos de aventuras"comenzará con un libro moi interesante
"La evolución de Calpurnia Tate"de Jacqueline Kelly.
Trátase da historia dunha nena, Calpurnia, que vive na América do século XIX.
Ten moitos irmás, pero ela é a única nena da familia. Os seus pais esperan dela que aprenda a cociñar, bos modales, a preocuparse polo seu aspecto, e a prepararse para ser unha boa esposa e nai.
Pero ela prefire aprender cousas da natureza, e observar e estudiar os animais e as prantas,..para eso conta coa axuda do seu avó, unha persoa moi excéntríca, seguidor das teorias de Darwin.
Agora imos contarvos algo de Darwin:
No ano 2009 celebrouse o 200 aniversario do nacemento do naturista inglés Charles Rober Darwin e o 150 aniversario da publicación da súa primeira obra. A súa aportación máis importante á ciencia foi formular a teoría da evolución.
Comprendedes agora o doble sentido do titulo "A evolución de Calpurnia Tate"?
Clica no libro e terás a historia de Darwin contada como un conto, con ilustracións .
Queredes ver un vídeo? Aqui os Simpsons e a evolución:
Si precisades saber máis sobre Darwin, no blog de Terceiro ciclo en Quintela tedes xogos e información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.