26/02/11

La joven de la perla

Onte celebrouse na biblioteca escolar unha nova xuntanza do club de lectura de pais e nais.
Foi coma sempre, unha agradable xuntanza onde falouse de libros, de pintura, de relixión,de historia,...
O libro que viñamos de ler, " La joven de la perla" de Tracy Chevalier resultou moi  interesante.
Temos unha nova cita o venres 8 de abril. Esta vez cambiamos de tema totalmente. O libro:
"Almas grises " de Philippe Claudel. Podedes recoller o libro na biblioteca do cole, ou na biblioteca municipal de Moaña.
Estades todos e todas invitados a incorporarvos ao club.

24/02/11

Xuntámonos?

Mañá no recreo haberá xuntanza do club de lectura de sexto, "Amigos de aventuras". O libro que veñen de ler é
 "Konrad, el niño que salió de una lata de conservas" de Christine Nöstlinger,

Por outra banda, as 8 da noite, na biblioteca do cole,  xuntaráse tamén o club de lectura de nais e pais, para comentar o libro "La joven de la perla" de Tracy Chevalier.

22/02/11

Os megatoxos no club de lectura


Houbo moito debate

O XOVES DÍA 17 FIXEMOS UNHA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA “ OS COMILÓNS DE LIBROS “ PARA COMENTAR “OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA”, DE ANXO FARIÑA.
FALAMOS DE MOITAS COUSAS INTERESANTES, COMO DOS NOSOS PERSONAXES FAVORITOS ( RUXE, FAÍSCA, NINFA,...) E DAS NOSAS ESCENAS PREFERIDAS.

TAMÉN COMEMOS MOITAS PASTAS...

E ESCOLLEMOS O LIBRO PARA A PRÓXIMA TERTULIA: “A LAGOA DAS NENAS MUDAS”, DE FINA CASALDERREY.

16/02/11

Quedamos?


Maña xoves, o club de lectura de 5º curso (os comilóns de libros) vai celebrar unha nova xuntanza.

A xuntanza estará coordinada pola profesora Maica, e será na biblioteca escolar, as 11,3o
Esta vez o libro que veñen de ler é "Os megatoxos e o aprendiz de druida"

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas