09/11/13

Os megalectores xa están en marcha!

Esta semana tivemos unha xuntanza especial do club de lectura de 6º.

Estivemos falando das nosas vivencias cos libros, a partir  da lectura dos Dereitos do lector, de Daniel Pennac, e descubrimos que estamos de acordo con todos eles e que, de feito, todos nós lemos o que queremos, cando e onde queremos (ás veces ás agachadas), saltamos os fragmentos dos libros que non nos interesan, ou non acabamos o libro que temos que tratar na xuntanza do club porque, despois de corenta páxinas, decidimos que non nos gusta e que non temos por que chegar ó final...


É que a lectura para nós é un pracer!!!


Así que empezamos unha nova etapa no club de Megalectores, na que o único que queremos facer é gozar coa lectura e compartir cos nosos compañeiros e compañeiras as nosas viaxes a través dos libros.


Para empezar, o vindeiro mércores temos a nosa primeira tertulia, sobre o libro Skeleton ceeek, de Patrick Carman.

Se alguén se anima, a cita é ás 11.30 na biblioteca.

                                        Boas lecturas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas