05/06/14
Nada. Jane Teller
O pasado xoves 29 de maio volvemos xuntarnos ao redor de Nada, o libro de Jane Teller. Todas e todos coincidimos en que foi unha lectura dura, cuns personaxes que representan o nihilismo máis profundo. Conforme iamos avanzando na lectura, a sensación de desacougo e desesperanza apoderábase de nós. O libro comeza coa negación máis absoluta "nada ten sentido" e vai medrando nese forte desexo por atopar sentido á existencia.
O libro semella unha versión urbana de O señor das moscas, onde o influxo nórdico da autora é palpable: ese afán sanguinario, obsceno nun ambiente hostil e deplorable. Cada un dos compañeiros de clase vai aumentando a montaña de significado para, nun primeiro momento convencer a Pierre A. de que a existencia ten unha razón, mais eles mesmos acaban sucumbindo nesta voráxine totalmente destrutiva.
En definitiva, un libro que admite múltiples análises e que nos fai pensar e reflexionar nesa etapa vital que é a adolescencia, na cal todo é cuestionábel.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
PARA FACER UN COMENTARIO
-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.