17/03/13

Con el agua al cuello

Xuntanza do Club de lectura de Quintela. Xoves, 14 de Marzo de 2013

Tráfico imposible, caos social, manifestacións, recortes, así nos mergullamos na realidade grega máis actual a través de Jaritos, un comisario que se atopa Con el agua al cuello, metáfora atinada da presente situación grega.
Desta volta, no club de lectura volvemos apostar por unha novela policiaca, da man de Petros Márkaris, autor grego pertencente á Xeración Mediterránea de novela policiaca, onde el mesmo se integra. Para o escritor as diferenzas son notables entre a novela policiaca nórdica e a mediterránea: a nosa non é tan violenta, os protagonistas seguen os parámetros propios da súa orixe, grega neste caso. O comisario Jaritos é un home “normal”, cunha familia “normal”, gusta da vida tranquila, da boa comida e da lectura do seu dicionario.
É unha novela áxil, dinámica e moi fluída, en consonancia cos movementos sociais que se están a producir no país grego. As denuncias á situación actual: crise económica, o paro entre a mocidade ou a pantasma da troika salfiren a novela. O propio comisario sofre dentro so seu ámbito privado estas consecuencias, de aí o seu berro indignado.
O tema da dopaxe e o tráfico de influencias é o motivo principal que dá pé aos asasinatos. Tanto neste libro coma no seguinte da futura triloxía da crise, Márkaris consegue solidarizarnos co asasino e mesmo chegamos a comprender o porqué da súa actuación.
Ao longo da novela observamos chiscadelas cómplices a España: a idea de elixir entre tantas marcas, o seat “por solidaridad entre los pobres” como lle di o xenro ou apoiar a España na final do Mundial de fútbol. Non en van estamos bañados polo mesmo mar.
Nas obras anteriores, o comisario Jaritos é o “home entre os homes”, mais nesta novela vese suaviazado pola presenza de dúas figuras femininas: Katerina e Kula.
Sen dúbida, todos coincidimos no valor social da novela, nun momento en que a historia de España e a de Grecia coinciden, pois estamos Con el agua al cuello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas