Lemos, entre outros, a Machado e a Antonio García Teijeiro e tiñamos pensado rematar a reunión compoñendo un poema colectivo, baseado nun do libro "Chove nos versos", de Teijeiro.
...Pero a nosa vea poética disparouse e cada un dos megalectores compuxo un ou varios poemas, que decidimos expoñer nun mural á porta da biblioteca.
Aquí os tendes :
Está tronando
Nevando,
Saraibando,
Nos meus ollos,
Na miña cara,
No meu rostro.
Gústame chorar por amor
Pero non por soidade
Non por tristura
Nin por maldade.
Álvaro Portela
Na beira do río
pensaba na miña nenez
mirando as súas augas
vin a miña vellez
Ao principio asusteime
da miña cara egurrada
pero fixándome ben
a felicidade emanaba
Pensaba que tiña ás
que voaba e voaba
atravesaba unha luz
cun sorriso na cara.
María Urdampilleta
Cruz
PENSO NOS
POEMAS
Penso na
clase
Penso no
salón
Penso que
teño
Chorando o
corazón
Pensando nas
historias
Pensando nas
melodías
Pensando nos
poemas
Que sempre
escribía
Penso en
Nicole
Penso en
María
Penso en
Álvaro
E tamén
no día
Elena
Núñez Paredes
Penso na
choiva
Penso no mar
Penso nas
bágoas
Que do meu
corazon sairán
Penso na lúa
Penso nas
estrelas
Penso no
amor
Que por min
espera.
Alba
Francisco Blanco
PENSO…
Penso en chorar,
penso en bailar,
penso na vila
pola que ía camiñar.
Penso na casa,
penso na lúa,
penso na ferida
que non me cura.
Penso en amar,
Penso en cantar,
Penso en gritar,
Para o mal sacar.
Non podo pensar,
Na auga e na terra,
Pois só me queda,
Parar a guerra.
Nicole Parcero
Carrera.
PENSO…
Penso en soñar,
Penso en xogar,
Penso que teño un barco no mar
Penso na xoaniña,
Penso na viña,
Penso no noivo
que sempre pensei que tiña.
Penso no salón,
Penso na cociña,
Penso na habitación
que ao lado do balcón tiña.
Non podo pensar,
no ceo e no mar,
pois só penso,
no último lugar.
Nicole Parcero
Carrera
Penso nos libros,
penso en vivir,
penso nas palabras,
que van saír.
Penso nos días,
penso en soñar,
penso nos momentos,
que van pasar.
Diego Jesús
Martínez Portela
Penso…
pero que é pensar?
Alguén mo pode explicar?
Amo… pero que é amar?
Alguén
mo pode explicar?
Ah, xa ,penso, penso…
Penso no que estou a pensar.
Alba Santomé Pérez
Pensei nos meus pensamentos,
penso no que vai pasar,
penso no que xa pasou,
penso no que me fai chorar.
Penso no que me fai rir,
penso no que me fai amar,
penso en todos os días
nos que terei que pensar.
Alba Santomé Pérez
Ás veces…
Ás veces choro ás
escondidas
Ás veces choro sen
pensar
Ás veces choro moi
pouco
E outras veces
moito máis.
Ás veces choro
chorando
Ás veces penso en
chorar
Ás veces choro
amando
E outras veces sen
amar
Ás veces choro moi
ledo
Ás veces quero chorar
Ás veces choro
lembrando
E outras veces sen
lembrar.
Alba Santomé e Álvaro Portela
Choran no mundo
Tamén no universo
Choran os ollos
E tamen os versos.
Choran os
sentimentos
Choran os amores
Choran os saloucos
E tamén as dores
Álvaro Portela
Pensan os campos,
As vilas, as aldeas…
Pensan as rúas, as chemineas,
Tamén pensan os
bicos,
Os abrazos, os
corazóns…
Pensan os choros,
pensan as bágoas
Penso chorando,
Penso cantando,
Penso pintando…
Álvaro Portela
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.