Os Megalectores reunímonos de novo, para comentar o libro "Mil cousas poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano.
Despois de ler os primeiros capítulos, que nos pareceron un pouco raros e sen aparente relación entre eles,mergullámonos nunha emocionante e disparatada historia na que todo é posible, desde un porco que estuda primaria ata un xoieiro que se fai can pastor, ou un neno que transforma un tétrico cemiterio nun precioso xardín e desenterra e prepara os mortos para que gocen do seu novo fogar,...E, de fondo, unha preciosa historia de amor entre unha "muller-xirafa" e un músico submarino que aprende a falar a través da súa tuba.
Encantounos a historia (tanto, que estamos desexando ler a segunda parte)... e encantáronnos as ilustracións.Nótase que Jacobo Fernández Serrano, ademais de bo escritor, é un dos ilustradores e comiqueiros máis importantes que temos actualmente en Galicia .
Saúdos lectores!
...E ata a próxima xuntanza!, na que falaremos do libro de Jackeline Kelly,"La evolución de Kalpurnia Tate".
02/04/14
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
PARA FACER UN COMENTARIO
-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.