Ter un
pai comercial de próteses ortopédicas e de aparellos cirúrxicos
podía ter moitas vantaxes, así o vía Nicolas, o protagonista do
libro de Emmanuel Carrère. O rapaz ía acumulando os cupóns que o
pai lle conseguía nas gasolineiras, gardábaos na súa caixa forte,
igual que gardaba os seus sentimentos máis íntimos, cun contrasinal
que só el coñecía e ao que era imposible acceder. O pai decide que
Nicolás pasará Una semana en la nieve, xunto cos compañeiros
de colexio. Logo de o levar ata o albergue no seu coche, a bolsa de
equipaxe de Nicolas non sae do maleteiro e este acontecemento, en
principio insignificante, dará pé a unha historia chea de misterio.
O autor, dende a óptica dun neno de apenas oito anos, foi quen de
sacar á luz todas as miserias dun mundo de adultos onde os
instintos máis criminais van tomando forma. Conforme avanzamos na
lectura sentimos mágoa polo pequeño Nicolas: un neno cheo de
inseguridades, vítima do ambiente familiar no que se cría e que
crea un mundo paralelo no que conseguir sobrevivir a unha realidade
que o catapulta á miseria e que o abafa. Con todo, esa mágoa
inicial evolúe conforme o fai o personaxe e convértese en certo
odio ante a incapacidade de rachar co pasado. Para todos nós, a
brillantez do libro radica na maxistral maneira de perfilar os
personaxes: sen apenas indicacións concretas sabemos da violencia
que sofre a nai, anulada vitalmente, intuímos a orixe familiar
desestruturada de Hodkmann ou o perfil asasino do pai de Nicolas. O
albergue, espazo fundamental na obra, acaba por converterse no espazo
que lle achega seguridade ao neno e o personaxe de Patrick elevado á
categoría de heroe, é a figura masculina que Nicolas idealiza. Sen
dúbida, unha moi recomendable lectura para arrefriar as tardes
calorosas do verán.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
PARA FACER UN COMENTARIO
-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.