As responsabilidades de Fiona,
maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza, non rematan dentro da
paredes do edificio do tribunal, é a conclusión á que chegou a
protagonista de La ley del menor. Todo o mundo busca o mesmo:
un sentido.
Nos alicerces da vida familiar de
Fiona e Jack comezan a aparecer fendas, ao mesmo tempo que ela
intenta organizar e resolver a vida familiar e persoal dos demais a
través de diferentes sentenzas, a súa propia vida carece dun
referente legal que a poña en orde. Jack anúncialle que necesita
vivir a súa última aventura amorosa, o mundo de Fiona, as ideas de
estabilidade, organización e comodidade dunha parella de clase alta
comezan a pórse boca abaixo. Ela, acostumada a escoitar e ditar
sentenzas para pór orde nas familias, ve que a súa xa non é tan
sólida como ela pensaba.
Conforme avanzamos na lectura imos
asistindo á resolución de diferentes casos que caen nas mans de
Fiona: a decisión sobre a educación das fillas dun matrimonio
pertencente á comunidade jaredí do norte de Londres; decidir salvar
a un dos siameses ou deixar morrer os dous bebés e posicionarse
legalmente ante a necesidade dunha transfusión de sangue nun rapaz
menor de idade que pertence ao grupo relixioso dos Testemuña de
Xehová. Será Adam quen vai conseguir que a vida da maxistrada
experimente un verdadeiro cambio.
Os acordes do piano e do violín
constitúen unha metáfora da relación entre Fiona e Adam. A medida
que a relación se fai máis intensa, a música de Mahler e o seu The
Salley Gardens cobra maior protagonismo: é a composición que
Adam lle intenta interpretar no hospital, mais do violín só se
escoita un miañar de gatos. A música enmudece na cabeza de Fiona
ao volver do concerto no Great Hall logo de interpretar esa mesma
melodía e ser consciente da realidade: Adam negárase a unha
transfusión e falecera, xa cumpridos os dezaoito.
A choiva acompaña a Fiona nos
momentos cruciais: chove cando Jack lle di que quere vivir a súa
última aventura, chove cando coñece a Adam no hospital, chove cando
Adam a persegue ata Newcastle, chove cando volve do concerto. No
momento en que ela permite que a choiva a empape, a súa vida comeza
a tomar un novo impulso e é ela quen a dirixe.
A nosa próxima lectura será:
Cicatriz de Sara Mesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.