Ola!
A nosa última lectura foi "La evolución de Calpurnia Tate", de Jackeline Kelly e temos dúas opinións completamente distintas do libro:
mentres que a un grupo lle encantou , ó outro non lle gustou en absoluto.
Como xa sabedes, este é o último ano que estamos no colexio e, polo tanto, esta foi a última xuntanza do noso club "O mundo da lectura".
Gustounos moito esta experiencia, porque descubrimos libros que non coñeciamos e compartimos lecturas, risas, diversión e distintas opinións sobre os libros.
Esperamos que no instituto tamén haxa club de lectura para apuntarnos e recomendámosvos que , se vós tedes ocasión de participar nun, que o fagades, porque o ides pasar moi ben.
Queremos darlle as grazas a Mayca por acompañarnos e dedicarnos tanto tempo nas xuntanzas do club.
Abur!
Non vos esquezades de ler e de gozar coa lectura!
29/05/17
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.