30/06/07

Lecturas para maiores

Como as tardes de verán na praia, ou en calqueira lugar de descanso son un momento bó para ler,ahí van unhas recomendacións de lecturas para pais e nais lectores. Todas son lecturas agradables que nos reconcilian coa vida:


“The Brooklyn Follies”. Paul Auster. Galaxia Edicións:


Nathan Glass regresa ao seu Brooklyn natal para escribir un libro despois de divorciarse da súa muller e superar un cancro.
É unha historia situada nun ambiente cotidiano, na que o azar entrecruza varias vidas, con un final máxico e sorprendente .


“Seda”. Alessandro Baricco. Rinoceronte Editorial


Un comerciante con un oficio un tanto estraño:Unha vez ao ano, cruza o mundo ata chegar a Xapón, compra ovos de vermes da seda e regresa a Italia para vendelos. Ata que nun dos viaxes regresa cunha carga máis delicada.
Mezcla de historia e fábula, é un relato delicado sobre o amor.


“Xuntos e máis nada”. Anna Gavalda. Galaxia Edicións


Catro persoas solitarias que nada teñen en común.Viven nos arredores da torre Eiffel, e van aprender a compartir as esperanzas, os medos, a amizade…
O equilibrio entre felicidade e desalento fan do libro unha pequena xoia.


La primera detective de Botsuana”.Alexander McCallSmith. Umbriel edicións. Puzzle.

Unha muller abre a primeira axencia de detectives de Botsuana…
É unha novela orixinal e divertida, onde a protagonista resolve os pintorescos problemas que lle presentan utilizando o sentido común e a astucia. Fácil de ler, permítenos acercarnos a Africa dunha maneira pouco convencional.

¡Feliz lectura!

12/06/07

Sopa de rato


Os nenos e nenas de 2º curso remataron de ler "Sopa de Rato" de Arnold Lobel.
A Noa, Noelia,Ilian e a Martina gustoulles “O pozo dos desexos”porque ao protagonista “caianlle os pantalóns e daba moita risa”.

“Rato alto e rato baixo”gustoulle a Samuel porque “nos enseña que ser alto ou ser baixo non importa”.

A Alba, Sheila, Irene e Patricia gustoulle “O rato das nubes” porque “é gracioso cando aparece o gato”.

O baño” gustoulle a Diego, Rodrigo, Miriam e Anxo Rúa porque “inundou todo o baño, e a casa e cidade e cada vez que estaba sucio facía rir”.

A Esteban e Fabián gustaronlle “Os sete montes”porque “aterrizaba en casas, árbores e nunha montaña e despois o vento empurrouno e rematou no mar”e tiña que ir andando”.

A Juan gustoulle un onde o protagonista “gastaba as botas e rompíaselle o coche .

A Anxo Barcia gustoulle o do rato vello “porque é gracioso”.

Historia de una gaviota....


Os nenos e nenas de 4º curso están rematando de ler "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar" de Luis Sepúlveda.

Esto é o que opinan Mara e Emma:
"O libro trata dunha gaivota que morre polo petróleo despois de poñer un ovo. O gato Zorbas promételle á gaivota que vai coidar o ovo ata que naza, e ensinarlle a voar, e que non o vai comer"

Paula:
É moi gracioso Coronello porque dí :"Sempre me quitas os maullidos da boca!"

Rodrigo:
"Hai partes que me dan pena ao principio, cando a nai de Afortunada morre"

Helena:
"Matías o chimpancé é moi gracioso"

Lois:
"O gato Barlovento sempre dí cousas do mar:¡Por la tinta del calamar!, ¡Por la cola de la raya! ¡Por los tentáculos del pulpo!"

Juan:
"O gato Sabelotodo está sempre consultando a enciclopedia"

Elsa:
"Zorbas é moi bó porque cumple as promesas que lle fixo á nai de Afortunada"

08/06/07

¿QUE LIBRO ESTÁ LENDO....ANTÓN?


Preguntamoslle ao profe Antón, e estes son os libros que está lendo:
"El alma está en el cerebro" de Eduard Punset.
"La política de la venganza" de Paul Preston.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas