O 23 de Abril, Día do Libro, recibimos na nosa biblioteca escolar a visita do alcalde de Moaña, Xosé Ramón Millán Otero.
O noso alcalde é autor de varios estudos e libros de poemas.
Alí, nun ambiente moi agradable, os nenos e nenas de 6º curso fixéronlle unha pequena entrevista:
¿Que libros che gustaban cando eras neno?
Moby Dick , o Mago Merlín, cómics de Mortadelo e Filemón, novelas de vaqueiros e todo o que atopaba.
Na miña casa apenas había libros, pero lembro que miña nai mercoume a Enciclopedia Álvarez.
¿Recordas a túa escola?
Si, era a escola de dona Sergia.
¿Cal foi a primeira biblioteca que visitaches?
A biblioteca de Beluso, que é onde nacín.
¿Tes moitos libros na túa casa?
Si, uns tres mil libros.
¿Cando empezaches a escribir?
Cando tiña 10 anos.
¿Cáles son os teus escritores favoritos?
Rosalía de Castro é a escritora que máis me gusta.Tamén me gustan Álvaro Cunqueiro e Miguel Torga que é un escritor portugués.
¿E o teu poema favorito?
Negra sombra
¿Que che gusta máis, ser escritor ou ser alcalde?
Gustame máis ser profesor, profesor de galego, que é a miña profesión.
¿Gustaríache que fixeran cadros inspirados nos teus poemas?
Si, por suposto, encantaríame, xa me fixeron algún.
¿Que libro che gusta máis dos que escribiche?
“O tempo de sal”
¿En que te inspiras para escribir?
Nos obxectos da vida cotiá, na natureza, nas cousas que vexo pola rúa,..
¿Cando te elexiron alcalde, deixaches a poesía?
Deille un descanso,...
Tedes algunhas fotos en ALBÚM DE FOTOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.