Amosando publicacións coa etiqueta Libros que nos gustaron. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros que nos gustaron. Amosar todas as publicacións

27/01/10

Matilda


Na clase de 6º estivemos lendo "Matilda" de Roald Dahl.


Jessica opina:


O libro foi moi entretido. A parte que máis me gustou foi cando Matilda descubre que pode mover cousas e dalle o seu merecido á Trunchbull.


Rodrigo opina:


É unha historia moi bonita, ao tempo que triste e graciosa.


Gustounos moito a todos e todas.

Botamos moitas risas lendo esta historia.

17/11/09

Como falar de arte aos nenos

Ese é o título dun libro, editado por Nerea coa subvención do Ministerio de Cultura e a Consellería de Cultura e Deporte, e escrito por Françoise Barbe-Gall.
A tradución ao galego é de Mercedes Pacheco Vázquez.

Este libro é un manual dirixido a pais e profesores, coa intención de mostrarnos o camiño para ensinarlles aos rapaces a entrar no mundo da pintura.

O libro ten unha primeira parte onde indica qué amosarlles aos rapaces dependendo da súa idade.

Logo ten un longo apartado onde responde a unha serie de cuestións tales como:

Por que algúns cadros están asinados e outros non?

Por que os cadros antigos son a miúdo escuros?

Por que non hai moitas mulleres pintoras?

Cal é a diferenza entre un cliente e un mecenas?

Que é un cadro abstracto?

A lista é longa, moi interesante, e as respostas moi sinxelas.

A continuación conta cun apartado, o máis longo, titulado "Saber ollar un cadro", onde atopamos a reprodución de 30 cadros, con recomendacións de que mirar, segundo a idade do neno/a.


É un libro para ler dun tirón, que nos gustou moito. Se vos gusta a arte, non o perdades.

25/11/08

¿Queres se-lo mozo da miña irmá?


Os nenos e nenas de sexto curso veñen de ler o libro "¿Queres se-lo mozo da miña irmá?"de Maite Carranza.
Á maioría o libro gustoulles moito.Agora vanno ler os de 5º curso.
Isto é o que opinan os nenos e nenas de sexto:
"É moi entretido pero un pouco curto, e da pena deixalo de ler" (Daniel)
"A min non me gustou moito, pareceume un pouco aburrido.Unicamente o recomendaría polos chistes que fan ao longo do libro" (Helena)
"Gustoume moito porque é divertido" (Adrián)
"Recoméndoo porque é divertido, polo que lle pasa á xente e polo final."(Juan)
"É moi simpático, eu rinme moito" (Laura)
"O lelo sentín como son os adolescentes cos irmáns pequenos" (Sergio)
"Gustoume,é divertido,non cambiaría nada do texto, pero sí as ilustracións" (Emma)
"É moi divertido, pero eu cambiaría o final, porque Alicia é unha mini Sonia" (Mara)
"A min gustoume porque ves que os irmáns maiores, canto máis maiores, máis repunantes son" (Rodrigo)
"É guai, pero cambiaría o mote de Cenoria polo de Coello" (Lois)
A ver que nos contan os de 5º curso...

07/06/08

A Hora de ler

Este curso tivemos a HORA DE LER en todos os cursos, dende primeiros de Outubro.Unha sesión diaria de lectura silenciosa, de 20 minutos de duración en Primaria, e 30 minutos en Infantil.
No caso de Primaria , a sesión era á volta do recreo.

Pedímoslle aos nenos e nenas de 6º curso que nos dixeran algúns dos libros que leron na HORA DE LER .
Estes son:

Os megatoxos (toda a clase), El hamster perdido, A illa do tesouro (toda a clase), Contos para levar no peto, Libros das Witch, Piel de melocotón( banda diseñada), La chica de la Sexta Luna, Laguna negra, Robinson Crusoe, Por fin bruxa, A casa do terror, Peter Pan e o estudio escarlata, Memorias de Idhun, Tom Sawyer, Huckleberry Finn, No corazón do bosque, Libros de cociña, Enciclopedias de dinosaurios, Libros de animais, Libros de mitoloxía, O valle dos lobos, O príncipe da néboa, O principiño (toda a clase), A cabana na árbore, Trinta voltas de hélice, Pantasmas no corredor, Charly e ratón cazagatos, Los negocios de señor gato, Lobito, Matilda (toda a clase) A serea nunha lata de sardiñas, Corazón de tinta, Sangre de tinta, O coleccionista de reloxes extraordinarios, A góndola negra,

Coleccións (das que leron varios títulos):
O equipo Tigre
Abadazad
Fairy Oak
Gerónimo Stilton
Junie B. Jones,
Harry Potter
Crónicas de Narnia
Kika Superbruxa
El internado

10/05/08

Entrevista ao alcalde de Moaña

O 23 de Abril, Día do Libro, recibimos na nosa biblioteca escolar a visita do alcalde de Moaña, Xosé Ramón Millán Otero.

O noso alcalde é autor de varios estudos e libros de poemas.

Alí, nun ambiente moi agradable, os nenos e nenas de 6º curso fixéronlle unha pequena entrevista:


¿Que libros che gustaban cando eras neno?
Moby Dick , o Mago Merlín, cómics de Mortadelo e Filemón, novelas de vaqueiros e todo o que atopaba.
Na miña casa apenas había libros, pero lembro que miña nai mercoume a Enciclopedia Á
lvarez.

¿Recordas a túa escola?
Si, era a escola de dona Sergia.

¿Cal foi a primeira biblioteca que visitaches?
A biblioteca de Beluso, que é onde nacín.

¿Tes moitos libros na túa casa?
Si, uns tres mil libros.

¿Cando empezaches a escribir?
Cando tiña 10 anos.

¿Cáles son os teus escritores favoritos?
Rosalía de Castro é a escritora que máis me gusta.Tamén me gustan Álvaro Cunqueiro e Miguel Torga que é un escritor portugués.

¿E o teu poema favorito?
Negra sombra

¿Que che gusta máis, ser escritor ou ser alcalde?
Gustame máis ser profesor, profesor de galego, que é a miña profesión.

¿Gustaríache que fixeran cadros inspirados nos teus poemas?
Si, por suposto, encantaríame, xa me fixeron algún.

¿Que libro che gusta máis dos que escribiche?
“O tempo de sal”

¿En que te inspiras para escribir?
Nos obxectos da vida cotiá, na natureza, nas cousas que vexo pola rúa,..

¿Cando te elexiron alcalde, deixaches a poesía?
Deille un descanso,...

Tedes algunhas fotos en ALBÚM DE FOTOS

19/04/08

¿Que libro che gustaba cando eras neno/nena?

Esa é a pregunta que estamos a facer estes días ás familias, aos profesores e profesoras,ao persoal non docente, aos monitores das actividades extraescolares.

A través das súas respostas podemos ver os nenos que foron,...É
moi bonito de ver,...

Imposible pór aquí todas as respostas, pero aquí tedes algúns dos seus favoritos:
"Los cinco". Julio Verne. Os contos dos Irmáns Grimm, "La historia interminable", Tintín, Mujercitas, "Cuentos de mi abuelita", Capitán Trueno, "Pio pio Lope, el pollito miope"de Gloria Fuertes. "20.000 leguas de viaje submarino", "As aventuras d eBúffalo Bill", Zipi y Zape, Mortadelo y Filemón, Robin Hood, Tom Sawyer, "El conde de Montecristo", Os libros de Bruguera, "Moby Dick", Asterix, "A illa do tesouro", Colección Torres de Malore", Colección "Santa Clara", "Los Hollister", "El principe destronado ", "El mundo de Zen Lighthait", "Sissí emperatriz", "Super Lily", os libros de Sherlock Holmes,...

Sería interminable a lista. Como curiosidade, os que máis se repiten son os de "Los cinco" e os de Julio Verne,..
E a tí ¿que libro che gustaba cando eras neno/a?

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas