A tradución ao galego é de Mercedes Pacheco Vázquez.
Este libro é un manual dirixido a pais e profesores, coa intención de mostrarnos o camiño para ensinarlles aos rapaces a entrar no mundo da pintura.
O libro ten unha primeira parte onde indica qué amosarlles aos rapaces dependendo da súa idade.
Logo ten un longo apartado onde responde a unha serie de cuestións tales como:
Por que algúns cadros están asinados e outros non?
Por que os cadros antigos son a miúdo escuros?
Por que non hai moitas mulleres pintoras?
Cal é a diferenza entre un cliente e un mecenas?
Que é un cadro abstracto?
A lista é longa, moi interesante, e as respostas moi sinxelas.
A continuación conta cun apartado, o máis longo, titulado "Saber ollar un cadro", onde atopamos a reprodución de 30 cadros, con recomendacións de que mirar, segundo a idade do neno/a.
É un libro para ler dun tirón, que nos gustou moito. Se vos gusta a arte, non o perdades.
Terei que tomar nota, querida mestra.
ResponderEliminarPois...¡non o perderemos!
ResponderEliminarGrazas, compañeiras.