sábado, noviembre 7

Clubs de lectura curso 2009/2010

Este curso aumentaron moito as solicitudes de participar no Club de lectura do colexio. Por este motivo van funcionar dous clubs de lectura. As coordinadoras dos clubs van ser as profes Gloria e Merchi, que contarán coa colaboración de Jorge.

Un dos clubs, o de alumnos de 5º, vai ler “La canción de Amina” de Sigrid Heuck. Este é o resumo:

"A máxima ilusión de Amina, a filla dun xeque árabe, é aprender a montar a cabalo.Pero no seu pobo solo os homes poden montar, Un día, no deserto, Amina coñece a Tarik, e as cousas empezan a cambiar... "

O outro club empezará con “As bruxas” de Roald Dahl.

Este é o resumo:

E a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de bruxas de Inglaterra ...

Lembrade que queremos as vosas suxestións para as próximas lecturas.

Os membros dos clubs, que teñen 15 días para ler o libro, reciben un caderno para anotar as suxestións e ideas.


Si queredes saber algunha das lecturas que vos esperan, entra aquí.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas