21/10/08

Xuntanza do club de lectura


Hoxe ás 12, durante a hora de ler,houbo unha xuntanza na biblioteca,do club de lectura do colexio.

A profesora Merchi é a encargada do club. Hoxe repartiu o libro escollido: "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure.


Os nenos e nenas tamén recibiron un caderno para anotacións sobre o libro, que logo poderán consultar na seguinte xuntanza do club.


O club está formado por 14 nenos e nenas de 5º e 6º curso.

A próxima cita vai ser a primeiros de Novembro.

¡Boa lectura!

Premio Nobel na biblioteca


O escritor francés Jean Marie Le Clezio é o premio Nobel de Literatura 2008.
Le Clezio é un autro comprometido , un defensor dos pobos olvidadeso e un viaxeiro que viviu en contacto coas culturas explotadas e maltratadas polo primeiro mundo.

Na nosa biblioteca escolar acaba de entrar como "novidade", un libro de contos que escribiu no ano 1978, publicado por Xerais na colección Xabarín.
A traducción do libro recibiu o premio Nacional e o da critica.

O libro titúlase "Mondo e outras historias" e son oito relatos con protagonistas " de nomes exóticos que viaxan co poder da imaxinación. Son viaxes que os levan a Barasali, Dahlak ou Hazaran".

Lede un pouco:

"A caída da noite, Mondo volvía á Casa da Luz de Ouro, comía o arroz e mailos legumes na gran sala, con Thi Chim, e despois saía ao xardín"
Mais información sobre o tema:
"Escribo porque amo escribir".
Le Clézio.

08/10/08

Novidades

Neste curso que empeza están empezando a entrar na biblioteca as novidades.
Estamos iniciando unha colección para pais e nais preocupados coa educación dos seus fillos.
Pronto pasaremos un listado dos títulos e organizaremos o préstamo para as familias.
De momento,imos adiantando algúns dos títulos:



"Enseñale a aprender", .Mª Luisa Ferrerós.Planeta.
Para estimular mediante o xogo, a intelixencia nos nenos e nenas de 0 a 6 anos.


"Nuevos cuentos para antes de ir a dormir".Eduard Estivill. Planeta.
Contos para ler antes de dormir que transmiten valores e hábitos saudables.



"Supernanny." Jo Frost.Planeta.
Consellos prácticos e sensatos para educar aos fillos.

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas