O club funciona da seguinte maneira:
As reunións fanse na biblioteca, que está pechada mentras se reúne o club. Fanse durante o recreo e a hora de ler, pero teñen 10 minutos para merendar antes de empezar.
Na primeira xuntanza a profesora Merchi, que é a coordenadora do club este curso, repartiu uns cadernos especiais para os membros do club de lectura, onde anotan comentarios, parágrafos e cousas que lles interesen do libro que están lendo.
Nesa xuntanza repartíronse tamén os exemplares do libro, neste caso "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure, editado por Xerais.
Púxose unha cita para dúas semanas máis tarde, onde se intercambiaron os libros, xa que non había exemplares para todos.
Por último, un mes despois da primeira cita, celebrouse a xuntanza onde falaron do libro, das emocións que sentiran ao lelo, dos personaxes,...
Moitos levaban anotacións nos seus cadernos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.