Este é un espazo dende o que a asesoría de bibliotecas escolares ofrece a posibilidade de recomendar libros que funcionan ben nas bibliotecas.
Seguindo o seu criterio, contamos xa na nosa biblioteca con
"Soños de andel", que ademais temos dedicado pola autora Susana Lamela. É un libro que fala deses libros que se senten abandonados na biblioteca porque ninguén os leva, pero entón,.. será mellor que o leades.
Outro dos libros é "Señor Paul", que tamén trata de libros, pero para nenos e nenas de máis idade.
Agardo que os meus "Soños de andel" sexa moi feliz na vosa biblioteca.
ResponderEliminarMoitas grazas por recomendar o meu pequeno soño.
Unha aperta moi forte.
Susana Lamela