

E unha preciosa novela histórica, que narra a historia dun encadernador na Compostela do século XVI. Fai moitas referencias a vida cultural da época. Algunhas escenas da novela transcurren na vecina Cangas.

"Zapatitos azules y felicidad" de Alexander McCall Smith, editado por SUMA e a continuación de aquel libro que nos gustara tanto, "La primera Agencia de Mujeres Detectives". A protagonista, Mma Ramotswe, primeira muller detective en Africa, resolve pequenos misterios usando o sentido común. Chea de humor e situacións curiosas.

"El frío modifica la trayectoria de los peces" de Pierre Szalowski editado por Grijalbo.
Esta é a historia do que sucede entre un grupo de veciños nunhas navidades en Quebec, cando unha gran xiada deixa sin electricidade a parte da poboación. Unha novela entrañable e divertida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.