A semana pasada, os nenos e nenas de terceiro remataron de ler, dentro dos itinerarios lectores, o libro “Ai, que medo!” de Ricardo Alcántara.
Conta a historia de Farruquiña, unha bruxa que empeza o colexio. Como é diferente, non é moi aceptada, pero ela non se desanima,...
Estas son algunhas opinións:
“Ten moito que ler, e é moi divertido polos debuxos e o que lle pasa a Farruquiña” (Aarón)
“A min gustoume porque sae unha bruxa, e a min gustanme as bruxas boas”( André)
“A min gustoume porque a bruxa era unha nena” ( Dani)
“Gustoume porque me gustan as bruxas que son boas” (Liset)
“Gustoume porque é divertido” (Candela)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.