Calpurnia Tate, o seu avó e o gran naturista Darwin, volveron xuntarnos o xoves 3 de abril na biblioteca de Quintela.
A protagonista do libro de Jaqueline Kelly espertou as nosas simpatías por ser unha rapaza con inquietudes moi definidas, nunha sociedade tan patriarcal na fin do S. XIX. Tate herda o interese naturista e á vez vai experimentando co método dedudito que o seu avó, un coetáneo de Darwin, lle vai inculcando.
O avó, un personaxe moi destacado na historia, traslada o seu método científico á sociedade daquel entón, e mesmo á súa familia: el observa dende a distancia, uns chanzos por enriba, e toma decisións. Decátase de que Calpurnia é a súa herdeira e cada vez vaina atraendo máis e máis cara ao seu espazo.
A novela consegue ofrecernos unha panorámica da sociedade do S. XIX, onde homes e mulleres tiñan os seus espazos e as súas obrigas moi definidos. Tate resístese a esa férrea barreira e, pouco a pouco, vai gañando terreo: non entende como os seus irmáns queren a toda costa casar, resístese a aceptar a muller elixida polo seu irmán ou mesmo a aprender as tarefas que, segundo a súa nai, son propias dunha rapariga.
Detalles curiosos vai enchendo as páxinas da novela: o suceso co pavo, a elaboración do licor por parte do avó, a ridiculez na presentación da moza de Harry ou como o avó a consegue "espantar" amosándolle os escaravellos, etc.
Aínda que a autora se permitiu determinadas licenzas, das cales advirte aos lectores experimentados, non por iso deixa de ter o seu interese a obra, en canto á visión que dá da sociedade do XIX, e sobre todo, o influxo de Darwin, naquel momento considerados un home e un libro (A orixe das especies) malditos.
Todas e todos coincidimos en que nos pareceu unha lectura agradable e sobre todo unha lectura que todas as rapazas e rapaces deberían ler e analizar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
PARA FACER UN COMENTARIO
-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome.Sairá publicado cando nos chegue.