14/11/24

Club de lectura de quinto

Xa temos Club de lectura en quinto: "Tragalibros"

Acabamos de empezar e temos muitas ganas de ler e compartir as nosas lecturas.

A primeira de todas vai ser "Escarlatina, a cociñeira defunta", de Ledicia Costas.

Xa vos contaremos....!



 

16/06/24

Despedida do Club de lectura de sexto

A pasada semana tivemos a última xuntanza do club Cazalibros, cunha sesión especial, na que comentamos a novela gráfica "Robot dreams", de Sara Varon, e miramos a película que, a partir da mesma, dirixiu Pablo Berger. 




                          FELICES VACACIÓNS!

                                   E FELICES LECTURAS!

                                 



20/05/24

Club de familias

 Esta semana reunímonos no club de lectura para falar dos libros que nos traemos entre as mans. Nesta reunión comentaremos O incendio , de Sara Vila.

Agardámosvos



07/04/24

El mundo deslumbrante

 Este xoves volvémonos reunir para comentar El mundo deslumbrante.

A autora fainos reflexionar sobre a valoración do éxito no mundo do arte con claras desviacións sexistas e lévanos comprobalo con abundante información. As tensión e os intereses no mundo do arte neworquino resultan ser perigosas baixo os seus experimentos.



19/12/23

Club de lectura de sexto

 Nesta reunión de  "Cazalibros"  comentamos  "Xoán, Xoana", de Francisco Castro. Encantounos e  fíxonos reflexionar sobre a diversidade sexual e a importancia de aceptar e respectar a todas as  persoas tal e como son. 















20/11/23

Club de lectura Cazalibros

 O club de lectura "Cazalibros" xa está en marcha, agora en sexto curso.                                                              Comezamos coa lectura de "Xoán, Xoana", un libro de Francisco Castro. 















20/06/23

Última reunión do club de lectura de familias

 O vindeiro xoves 29 teremos a última reunión do club de lectura de familias.


Nesta ocasión comentaremos El retrato de casada, de Maggie O´Farrell.

Así remataremos este curso, vivindo as sensacións dunha nena casada aos quince anos no século XVI.

17/06/23

Club de lectura de quinto

No segundo trimestre decantámonos polo cómic. Fixemos unha selección de títulos que fomos intercambiando e reunímonos para comentar as nosas impresións e preferenzas trala súa lectura.


E a partir do comentario dunha compañeira que lera en formato cómic "El diario de Ana Frank", decidimos lelo, coñecendo  primeiro a súa historia a través dunha breve adaptación da novela publicada por Susaeta.    
 


E así rematamos o curso!
Dentro de tres meses vémonos no Club de lectura de sexto!

Feliz verán!





14/04/23

En abril club de lectura de familias

 Esta semana temos xuntanza do club de lectura de familias.

Nesta ocasión comentaremos  El mar, el mar , de Iris Murdoch.


 

17/02/23

Club de lectura de familias

O vindeiro xover 23 de febreiro teremos unha nova reunión do club de lectura

25/11/22

Primeira reunión do club de lectura de familias

 Esta semana teremos a primeira reunión do club de lectura de familias.

Animádevos a participar.

 Comentaremos "As malas mulleres" de Marilar Alexandre, que nos traslada ao labor das visitadoras de prisións de mulleres a principios do século XX e as vidas das mulleres encarceladas na prisión da Galera na Coruña.



27/10/22

Club de lectura de quinto

Neste curso  comezou a andaina dun novo club de lectura en quinto de primaria, chamado "Cazalibros".

Tras unha primeira xuntanza, na que falamos dos nosos gustos literarios e fixemos diferentes propostas, decidimos empezar coa lectura da novela "Como pez en el árbol", na que a escritora Lynda Mullaly Hunt, baseándose na súa propia experiencia, trata o tema da dislexia desde o punto de vista dunha nena.


25/06/22

Despedida do club de lectura de sexto

 O curso xa rematou e "A axencia de lectura" despídese do cole cunha última tertulia, sobre o primeiro libro da saga "Mystical" (da escitora Marta Álvarez e a ilustradora Laia López) que, igual que as lecturas anteriores, nos leva a un mundo de maxia.


Marchamos un pouco tristes, pero con ilusión por empezar secundaria e pensando xa no club de lectura e no club manga do instituto.



FELIZ VERÁN
E
FELICES LECTURAS!


05/06/22

Club de lectura de sexto







 

     


 Hai uns días tivemos xuntanza da Axencia de Lectura para falar sobre "El castillo ambulante", unha novela da escritora Diana Wynne, que nos gustou moitísimo, e quixemos compartir esta fantástica historia coas nosas compañeiras e compañeiros da clase, convidándoos a mirar a película realizada polo afamado director de animación Hayao Miyazaki, baseada no libro.







PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas