Amosando publicacións coa etiqueta ¿Que libro estás lendo?. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ¿Que libro estás lendo?. Amosar todas as publicacións

16/10/09

Matilda

Os alumnos de 6º curso están lendo "Matilda" de Roal Dhal, que forma parte dos nosos Itinerarios lectores.
A espera dos seus comentarios cando rematen de ler, deixamos aquí un resumo, e un anaco da película baseada no libro:
"Matilda é unha nena moi especial, xa que con 5 anos ten numerosos coñecementos, e le moito,..Os seus pais non a queren moito, e non lle fan moito caso. Mentres ela descobre que ten poderes telequinéticos, e...."



Máis sobre Matilda:
http://es.wikipedia.org/wiki/Matilda

11/03/09

¿Que libros len en 5º curso?

Preguntamos a Thais, Ana e Jessica de quinto curso que libros están lendo.Estes son:



Thais está lendo “El valle de los lobos”de Laura Gallego.A súa opinión é:
“O libro está moi ben.Trata dunha nena chamada Dana, que dende os seis anos coñece un espectro chamado Kai. Este vaina guiando, ata que Dana medra e convértese nunha verdadeira maga". Se premes no libro, entrarás na páxina oficial da escritora.


Jessica está lendo: “¿Queres se-lo mozo da miña irmá?”de Maite Carranza. E di do libro: “É moi gracioso, divertido e con personaxes moi simpáticos.Trata da protagonista, que é unha nena que ten unha irmá adolescente que sempre di que non e a protagonista intenta atoparlle un noivo.E cando llo atopa, pásalle a ela o mesmo que a súa irmá” Pulsa no libro para entrar na páxina oficial de Maite Carranza.
Ana está a ler “Un hamster desaparecido” e conta: “Trátase dun hamster desaparecido, que grazas a un neno que se chama Nino Puzzle e coa compañía da súa amiga Mina, resolven o misterio. É un libro que entretén moito”
Mirade como esta nena presenta un libro de Nino Puzzle aos seus compañeiros. Quen se anima a facelo igual?





02/12/08

O principiño




"O principiño" é un dos libros que temos no "libro forum" do cole. Esta semana empezaron a lelo os de 6º curso.

"O principiño " é a obra máis famosa do aviador francés Antoine de Saint Exupery.

Foi publicado por primeira vez no ano 1.843, e está traducido a máis de 180 linguas.

É un libro dun neno, unha flor, unha raposa,...Escrito para facernos reflexionar.

Máis información:




Se lestes o libro, podedes facer comentarios sobre o que vos pareceu.

04/12/07

¿QUE LIBRO ESTÁ LENDO...DIEGO?

Preguntamoslle a Diego Riobó, concelleiro de Cultura e Ensino do Concello de Moaña, e esta é a súa resposta:

"Xa que me preguntades que estou a ler, pois nestas semanas cairon na miña man dous libros, un é moi indicado para rapaces e maiores, de Castelao"Cousas de nenos", unha selección de debuxos de Castelao relacionados cos nenos, e coa súa parte áceda da época, moi bonito.
O outro é poesía de Manuel María, unha fotobiografía sonora, que como di o nome, ademais de poesía trae cds e fotografias de Manuel María,unha forma diferente de coñecer ó autor."


"Manuel María" Fotobiografía sonora.Libro +Cd.
Editorial Ouvirmos.



"Cousas dos nenos.Castelao.
Editorial Galaxia

22/11/07

Os libros van de viaxe

Como xa vos dixemos, os nosos nenos e nenas de 6º curso levan os seus libros na maleta, para esa estancia no mosteiro de Barrío.

Estes son os libros que levan:


Eva leva "El monstruoso libro de los monstruos" de Sm

Fernando leva "La casa del terror" de Sm

Andrea Campos leva "As bruxas" de Xerais

Martín leva "Segundo Éxodo" de Sm

Sergio leva: "Queridas vacaciones Stilton" de Destino

Andrea Ramos leva "Monstruos invisibles" de Sm

María leva "Kika Superbruxa e Don Quixote da Mancha " de Bruño

Raúl leva "Na barriga do dragón " de Alfaguara

Laura leva "Piel de melocotón" de Dragón Comics


E Diego leva "Fábulas de Esopo" de Vicens Vives.

Non nos esquecemos de Merchi , a profe.

Ela leva "Corredores de sombra "de Agustín Fernández Paz.Xerais

06/11/07

¿QUE LEN NA HORA DE LER...OS DE 5º CURSO?

Hoxe tócanos curiosear na clase de 5º curso.Esto é o que están lendo:

Laura:"Guau"de Allan Ahlberg.Editorial Edebé.


Adrián :"Las aventuras del capitán calzoncillos".Dav Pilkey.Editorial Sm.


Juan: Unha revista:"Golfiños"

Helena: "El secreto del andén 13".Eva Ibbotson. Editorial Salamandra.

Paula: "Abadazad" .Planeta junior.


Lois: "Golfiños".


Elsa: "Hip, hip, hurra".Madalena de Rojas. Editorial Galaxia.


Emma:"Hay un chico en el baño de las chicas".Louis Sachar. Editorial Sm.


Rodrigo: "Gerónimo Stilton,El amor es como un queso".Editoria Destino.

Mara:"Gerónimo Stilton, El misterio del ojo esmeralda".Editorial Destino.

29/10/07

¿QUE LEN NA HORA DE LER ...OS DE 6º CURSO?



Entramos en 6º curso, cando remata a "Hora de ler" , e lles pedimos que nos ensinen o que están a ler.Esto é o que nos mostraron:




Andrea C. : "Un caso para el equipo Tigre.El avión fantasma"


Jose Manuel:"Guïa para la vida,Bart Simson"


Miguel: Unha revista de "reportero Doc"


Almudena :" Memorias de Idhum, Triada"





Fernando: "reportero Doc"


Raúl C. "Memorias de Narnia.El león,la bruja y el armario".


Laura:"Fairy Oak.El secreto de las gemelas"


Sergio:"Gracias a Winn Dixie".





Diego:"Piratas de andar por casa".


Raúl F:Un periódico:El faro de Vigo.


Andrea R.: "Un caso para el equipo Tigre.En la costa de los huesos"



Eva: "Diario de Ana Frank".









Martín: un cómic de Blueberry.


Denís: "Crónicas de la torre. La llamada de los muertos"


Daniel: "reportero Doc"


08/06/07

¿QUE LIBRO ESTÁ LENDO....ANTÓN?


Preguntamoslle ao profe Antón, e estes son os libros que está lendo:
"El alma está en el cerebro" de Eduard Punset.
"La política de la venganza" de Paul Preston.

20/05/07

¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO...LOIS?

Non molestamos a Lois, xa sabemos que libro está lendo:
"No le des de comer al vampiro"

19/05/07

¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO...BELÉN?

Preguntamoslle a Belén,
titora de 5º de Infantil.
Este é o libro que está lendo:

"La catedral del mar" de Ildefonso Falcones.

¿QUE LIBRO ESTAS LENDO...CRISTINA?

Preguntamoslle a Cristina Novoa, da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.
Estos son os libros:
- "O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS", de Aitor Paasilinna, un autor finlandés que recomendo vivamente. Este está traducido ao galego en editorial Rinoceronte.
- "MONTEDIDIO", do italiano Erri de Luca
E o meu libro de cabeceira este último ano:
-" FILOSOFÍA EN LOS DÍAS CRÍTICOS", da poeta e filósofa Chantal Maillard, unha especie de "libro de horas" para min, que recomendo vivamente a quen lle guste un pouco a introspección.
Saúde e libros!

16/05/07

¿QUE LIBRO ESTÁ LENDO...EMMA?

Preguntamoslle a Emma, a alumna máis pequena do cole (3 anos)
Este é o libro:
"Toc-toc ¿Quién es?" de Amanda Leslie

.

10/05/07

¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO...SUSO?

Preguntamoslle a Suso Parada,
responsable da Biblioteca Municipal de Moaña.
Este é o libro que está lendo:
"El arco iris de gravedad" de Thomas Pynchon:

¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO...CARMEN?

Preguntamoslle a Carmen Cimadevila,
inspectora de educación do noso colexio.
Este é o libro que está lendo:

"Los pilares de la tierra" de Ken Follett


01/05/07

¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO...XAN?

Preguntamoslle a Xan Cancelas,
concelleiro de Cultura de Moaña.
Este é o libro que está lendo:
"La ciudad de los libros soñadores" de Walter Moers

29/04/07

¿QUE LIBRO ESTAS LENDO...?

Preguntamoslle a Merchi,
titora de 5º curso.

Este é o libro que está lendo:

"Viaxes no scriptorium" de Paul Auster

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas