Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións do alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións do alumnado. Amosar todas as publicacións

27/01/10

Matilda


Na clase de 6º estivemos lendo "Matilda" de Roald Dahl.


Jessica opina:


O libro foi moi entretido. A parte que máis me gustou foi cando Matilda descubre que pode mover cousas e dalle o seu merecido á Trunchbull.


Rodrigo opina:


É unha historia moi bonita, ao tempo que triste e graciosa.


Gustounos moito a todos e todas.

Botamos moitas risas lendo esta historia.

25/10/09

Os de cuarto recomendan

Algúns alumnos de 4º curso achégannos estas recomendacións:
Yaiza Portela recomenda "La casa encantada" de R. A. Montgomery, editorial Timun Mas, "porque me gustou moito e ten un montón de historias, nunca sabes cal che vai tocar".

Sara Pastoriza di: "Recoméndovos o libro "¡Que bonito é Panamá! ( Janosch, edita Kalandraka) porque son dous amigos que queren ir a Panamá, a cidade que no existe".


Lucía recomenda "A princesa que perdeu o seu nome"de Pilar Mateos, editorial Tambre,"Porque é divertido e o mesmo tempo triste, porque ensina a non preder as cousas que che dan e che regalan".E por último, Sergio recomenda "Jolly Roger" de Colin McNaghton, editorial Vicens Vives, "porque vai dun neno que se fai pirata, e é moi divertido"

11/03/09

¿Que libros len en 5º curso?

Preguntamos a Thais, Ana e Jessica de quinto curso que libros están lendo.Estes son:



Thais está lendo “El valle de los lobos”de Laura Gallego.A súa opinión é:
“O libro está moi ben.Trata dunha nena chamada Dana, que dende os seis anos coñece un espectro chamado Kai. Este vaina guiando, ata que Dana medra e convértese nunha verdadeira maga". Se premes no libro, entrarás na páxina oficial da escritora.


Jessica está lendo: “¿Queres se-lo mozo da miña irmá?”de Maite Carranza. E di do libro: “É moi gracioso, divertido e con personaxes moi simpáticos.Trata da protagonista, que é unha nena que ten unha irmá adolescente que sempre di que non e a protagonista intenta atoparlle un noivo.E cando llo atopa, pásalle a ela o mesmo que a súa irmá” Pulsa no libro para entrar na páxina oficial de Maite Carranza.
Ana está a ler “Un hamster desaparecido” e conta: “Trátase dun hamster desaparecido, que grazas a un neno que se chama Nino Puzzle e coa compañía da súa amiga Mina, resolven o misterio. É un libro que entretén moito”
Mirade como esta nena presenta un libro de Nino Puzzle aos seus compañeiros. Quen se anima a facelo igual?





12/01/09

Quiero ser escritora


“Quiero ser escritora” Paola Zannoner. Editorial Marenostrum

Á protagonista desta historia, Mia, gústalle escribir. Cando convocan un curso para aprender a ser escritora, decide inscribirse en segredo. Pero para entrar no curso deberá presentar un traballo escrito. Con axuda dun amigo especial, e o diario que escribiu cando era máis nova, irá facendo unha historia,...

Este libro, que mercamos grazas á recomendación de Helena de 6º curso,está moi ben escrito, resulta interesante e divertido, e ademais aprendes a escribir .Para nenos e nenas de 10 a 12 anos.

25/11/08

¿Queres se-lo mozo da miña irmá?


Os nenos e nenas de sexto curso veñen de ler o libro "¿Queres se-lo mozo da miña irmá?"de Maite Carranza.
Á maioría o libro gustoulles moito.Agora vanno ler os de 5º curso.
Isto é o que opinan os nenos e nenas de sexto:
"É moi entretido pero un pouco curto, e da pena deixalo de ler" (Daniel)
"A min non me gustou moito, pareceume un pouco aburrido.Unicamente o recomendaría polos chistes que fan ao longo do libro" (Helena)
"Gustoume moito porque é divertido" (Adrián)
"Recoméndoo porque é divertido, polo que lle pasa á xente e polo final."(Juan)
"É moi simpático, eu rinme moito" (Laura)
"O lelo sentín como son os adolescentes cos irmáns pequenos" (Sergio)
"Gustoume,é divertido,non cambiaría nada do texto, pero sí as ilustracións" (Emma)
"É moi divertido, pero eu cambiaría o final, porque Alicia é unha mini Sonia" (Mara)
"A min gustoume porque ves que os irmáns maiores, canto máis maiores, máis repunantes son" (Rodrigo)
"É guai, pero cambiaría o mote de Cenoria polo de Coello" (Lois)
A ver que nos contan os de 5º curso...

10/04/08

Os nenos e nenas de 6º curso escollen

Esta é a selección de libros da biblioteca escollida polos maiores do cole:

“Memorias de Idhún”,“Un caso para el equipo tigre”,

“Gerónimo Stilton”,“La momia misteriosa”,

“Escobas voladoras”,“El amigo de Hércules”

“Guía para la vida de Bart Simpson”,“ Colmillo Blanco”

“Matilda”,“Corazón de tinta”

Os nenos e nenas de 2º curso escollen.

Estes son os libros escollidos polos nenos e nenas de 2º como os que máis lles gustan da biblioteca:
Os libros dos Simpson
"Mi primera enciclopedia de animales"

Todos os libros de animais


Os libros de "Super humor" .
Os contos de adiviñas.


09/04/08

Os nenos e nenas de 1º curso escollen.

Estos son os libros favoritos dos nenos e nenas de 1º de Primaria:

“Pirracas e as patacas”
“Antón e Pompón”
“Los intrusos”
“Asterix”
“La enciclopedia del fútbol”
“La casa del terror”

Os nenos e nenas de 3º curso escollen


Esta é a selección de libros da biblioteca escollida polos nenos e nenas de 3º curso. Como son moitos, foi difícil poñelos de acordo:

Junie B. Jones” ,Porque é moi traste, e conta historias moi divertidas. Porque é a nena máis graciosa que coñezo
“Valeria Varita” .Porque ten aventuras, e a princesa é moi guapa e viste moi ben.
“Cartas de Félix. Porque é moi bonito.
“Asterix”. Porque Obelix é moi gracioso.
“Kika Superbruxa” Porque ao final trae trucos para facer.E moi divertida e fai rir.
“Gerónimo Stilton” Polas aventuras e as risas, e sobre todo as chapuzas.Son moi intrigantes.
Colección “Mi mundo” Polas curiosidades.
“Wichts”. Porque son unhas chicas que nos gustan.


Os nenos e nenas de 4º curso escollen

Esta é a selección de libros escollidos entre os nenos e nenas de 4º curso como os seus favoritos da nosa biblioteca, e os comentarios que fan deles:
“Os megataxos” Porque é entretenido e ten moita imaxinación.
“El equipo tigre” Son de intriga e misterio . E divertido ler as palabras secretas.
“Gerónimo Stilton” Porque é moi gracioso, é o rato máis superdivertido do mundo!
“El capitan Calzoncillos” Da moita risa, e os “fliporamas” molan.
“Robots” Para inventar eses robots hai que ter moita imaxinación, e ademais neste libro saen os robots das pelis.
“Insectos y arañas” e “Aves” Porque aprendes moito sobre animais.
“Tea Stilton”. O mellor!, da moita gracia e é unha chica moi aventureira e moi guapa.

Os nenos e nenas de 6º de Infantil escollen.

Os nenos e nenas de 6º de Infantil escolleron os seus libros favoritos da biblioteca do colexio.Estes son:


"Gato lambón"
"Ratiña presumida"
"A bruxa regañadentes"


"A merliña"
"¿A que sabe a Lúa?"
"Crocodilo"
"A toupiña"

07/04/08

Os nenos e nenas de 5º de Primaria escollen.

Os libros favoritos dos nenos e nenas de 5º son os seguintes:


"Harry Potter e a Orden do Fénix" "Gustoume moito porque é de aventuras moi perigosas e de intriga. Elexin tamén este libro porque está tan ben escrito que entras na súa aventura como se foras tí os protagonistas.
E como me gusta tanto, teño toda a colección". HELENA


“Ulysses Moore. La casa de los espejos 3º cuaderno”
Encantame este libro porque é o mellor dos catro que xa están publicados.
Trata dunha nena e dous nenos que averiguan un segredo e intentan descubrilo.
Este libro é o que máis intriga, misterio, gracia,...ten”. PAULA



"Espantallo amigo."
Gustoume moito porque é moi bonito e serve para aprender que as apariencias dos demais non teñen nada que ver coa súa forma de ser.
Fala moito das amistades entre persoas moi diferentes, neste caso, un espantallo e os merlos. Tamén de que as promesas que se lle fan a un amigos sempre deben ser cumpridas.
E un libro moi bonito, máis ben unha noveliña que tamé sirve para aprender o que significa unha gran amistade. ELSA



“Equipo Tigre”
Me gusta porque e de misterio e de aventuras, é de uns nenos que son detectives e van equipados con aparatos de última xeneración , como por exemplo , : decodificadora, un mini ordenador,etc ADRIÁN



Aventuras de la mano negra”
Escollín este libro porque é de aventuras e son os meus favoritos.
Trata dun grupo de nenos chamados “la mano negra”.
Cando algo é extraño eles tratan de resolvelo.
A persoa que le o libro ten que buscar cousas que lle preguntan, nun debuxo.
A mín encantoume.
E divertido. EMMA



“Os megatoxos”
Os megatoxos son moi interesantes .Gustanme os poderes sobretodo de Faisca e de Ninfa, ¿Vai a haber outros libros’. Eu sei que sí, espero impaciente.RODRIGO



“Tea Stilton”
Este libro gustoume porque tan moitas aventuras, risas, acción, etc, etc
E neste libro hai moita fantasía, hai dous nenos que hipnotizan ao director...MARA


"Pesadillas!
Gustame este libro porque podes elexir o que queres facer, e porque é de terror, e podes elexir ata 20 historias distintas, eu non o deixei de ler ata que lin todas... LOIS

“Skulduggery Pleasanta”
E o meu libro favorito porque é de aventuras, e tamén é interesante, E en algúns capitulos da un pelín de medo.LAURA

“Yoko alborota la escuela”
Gustoume porque gustaríame que me pasara a min o que lle pasou aos protagonistas.
E un libro cun pouco de intriga porqu pasa o que menos te esperas.
Ademais Yoko é bastante divertido e travieso.
E un libro que engancha moito, eu leino en pouco tempo.
Lese moi rápido, eu non quería que se acabara. DIEGO


Os nenos e nenas de 4º de Infantil escollen.

Os nenos e nenas de 3 anos escolleron estes libros como os seus favoritos:



Os pelelliños.




Pequeno azul, pequeno amarelo.

A bañarse!.

Cu-cú tras.


Crocodilo.
Lúa.

Os motivos para escollelos como os seus favoritos foron que “son os novos” ou que "son moi bonito"

Os nenos e nenas de 5º de Infantil escollen.

Os nenos e nenas de 4 anos escolleron estes libros, para por na exposición de libros favoritos que estamos a montar no cole :
O gato con botas .”Porque o gato dalle un pinchazo coa espada ao que se porta mal”

O libro da selva. “Porque tamén hai película e ten uns monos que son moi graciosos”
A xoaniña rosmona. ” Porque hai unha balea que lle da coletazos”


O coello Pipí caca . “Porque o coello non fai o que lle mandan e so dí “pipí caca”

Unha casa a medida. “Porque me gustaba a casa na piscina que fixeron crocodilo e xirafa”

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas