31/05/08

Para axudar a educar

Estes son algúns dos libros que estamos mercando para pais e nais:


"No llores más" Sheila Kitzinger, Carlos González. Unha guía para que os bebén no choren máis.

Editorial Salvat



"Bésame mucho". Carlos González.Temas de hoy. Para criar aos fillos e fillas con amor



"Portate bien". MªLuisa Ferrerós. Planeta. Para educar a nenos rebeldes.


"Supernanny.Consejos prácticos y sensatos para educar a tus hijos". Planeta.

Unha guía de consellos sensatos, que non por obvios convén pasar por alto.



"Educar sin gritar". Guillermo Ballenato.Editorial La esfera. Tal como indica o titúlo, é para aprender a educar sin perder os papeis,

Educación emocional III

Encántanos esta ilustradora e escritora: Babette Cole.Nesta ocasión queremos falarvos de dous libros moi divertidos:
"Mamá tiene una casa en la barriga". Editorial Beascoa, onde fala, con humor, de como nacen os nenos . Moi bonito para os pequenos de Infantil.

Temos ademais o de "Pelos por todas partes o la hormona alborotada", que aborda os cambios físicos da adolescencia con igual sentido do humor.

Ler fainos millores II


Moi interesante é esta pequena colección de libros editada por Baía edicións, de Laura López e Carmina del Río.

En compañía da protagonista, van tratando temas como a comida san, o medio ambiente, os bós modais, a relación con outros nenos e nenas,...
Apropiada para nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo (4 a 6 anos)



Os megatoxos actúan de novo

Xa temos na biblioteca o novo libro de Anxo Fariña: Os megatoxos e a Espada Esmeralda.
Neste libro continúan as aventuras dos catro amigos, pero esta vez serán na Idade Media.
Como vedes, na xuntanza do Club de Lectura do cole , non andivemos moi equivocados, xa que os protagonistas van ir viaxando a través da historia.
Non deixes de averiguar que pasa coa espada esmeralda,...

Ler fainos millores


Acaba de entrar na nosa biblioteca unha colección de libros dirixidos aos nenos e nenas de Infantil, que traballan as emocións dende a tenrura dunhas ilustracións delicadas ,...
Aos pequenos gustanlle moito, porque son libros táctiles, e moi ben ilustrados.
E aos maiores gustannos porque falan das emocións negativas, pero tamén das positivas.

Títulos da colección:

Cuando estoy celoso
Cuando estoy enfadado
Cuando estoy triste
Cuando me siento querido
Cuando me siento solo
Cuando soy amable
Cuando tengo miedo

Autor: Trace Moroney
Editorial Sm
De 3 a 6 anos.

29/05/08

Don Pol e Pequeno Pin


Temos na biblioteca unha novidade interesante: "Don Pol e Pequeno Pin".De Baía Edicións.
Gústanos esta historia dun polbo e un cangrexo, que,...
Bueno,,mellor que o leades.Ten tamén unhas ilustracións moi bonitas.
O autor deste bonito libro é Max Portela, pai de Alvaro, alumno de Infantil.

13/05/08

Que tal, vexetal?




Os alumnos e alumnas de 4º curso, e a súa profe, recoméndannos este libro:




"QUE TAL, VEXETAL? .Alimentos con sentimentos."


Autores: Saxton Freymann e Joost Elffers


Editorial Linteo

Son imáxenes de vexetais que falan entre eles de sentimentos.As imáxenes están moi bonitas.

Outro libro moi bonito desta editorial é:

"Gustame o chocolate".

Tedelos na nosa biblioteca.


10/05/08

Entrevista ao alcalde de Moaña

O 23 de Abril, Día do Libro, recibimos na nosa biblioteca escolar a visita do alcalde de Moaña, Xosé Ramón Millán Otero.

O noso alcalde é autor de varios estudos e libros de poemas.

Alí, nun ambiente moi agradable, os nenos e nenas de 6º curso fixéronlle unha pequena entrevista:


¿Que libros che gustaban cando eras neno?
Moby Dick , o Mago Merlín, cómics de Mortadelo e Filemón, novelas de vaqueiros e todo o que atopaba.
Na miña casa apenas había libros, pero lembro que miña nai mercoume a Enciclopedia Á
lvarez.

¿Recordas a túa escola?
Si, era a escola de dona Sergia.

¿Cal foi a primeira biblioteca que visitaches?
A biblioteca de Beluso, que é onde nacín.

¿Tes moitos libros na túa casa?
Si, uns tres mil libros.

¿Cando empezaches a escribir?
Cando tiña 10 anos.

¿Cáles son os teus escritores favoritos?
Rosalía de Castro é a escritora que máis me gusta.Tamén me gustan Álvaro Cunqueiro e Miguel Torga que é un escritor portugués.

¿E o teu poema favorito?
Negra sombra

¿Que che gusta máis, ser escritor ou ser alcalde?
Gustame máis ser profesor, profesor de galego, que é a miña profesión.

¿Gustaríache que fixeran cadros inspirados nos teus poemas?
Si, por suposto, encantaríame, xa me fixeron algún.

¿Que libro che gusta máis dos que escribiche?
“O tempo de sal”

¿En que te inspiras para escribir?
Nos obxectos da vida cotiá, na natureza, nas cousas que vexo pola rúa,..

¿Cando te elexiron alcalde, deixaches a poesía?
Deille un descanso,...

Tedes algunhas fotos en ALBÚM DE FOTOS

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas