Este curso tivemos a HORA DE LER en todos os cursos, dende primeiros de Outubro.Unha sesión diaria de lectura silenciosa, de 20 minutos de duración en Primaria, e 30 minutos en Infantil.
No caso de Primaria , a sesión era á volta do recreo.
Pedímoslle aos nenos e nenas de 6º curso que nos dixeran algúns dos libros que leron na HORA DE LER .
Estes son:
Os megatoxos (toda a clase), El hamster perdido, A illa do tesouro (toda a clase), Contos para levar no peto, Libros das Witch, Piel de melocotón( banda diseñada), La chica de la Sexta Luna, Laguna negra, Robinson Crusoe, Por fin bruxa, A casa do terror, Peter Pan e o estudio escarlata, Memorias de Idhun, Tom Sawyer, Huckleberry Finn, No corazón do bosque, Libros de cociña, Enciclopedias de dinosaurios, Libros de animais, Libros de mitoloxía, O valle dos lobos, O príncipe da néboa, O principiño (toda a clase), A cabana na árbore, Trinta voltas de hélice, Pantasmas no corredor, Charly e ratón cazagatos, Los negocios de señor gato, Lobito, Matilda (toda a clase) A serea nunha lata de sardiñas, Corazón de tinta, Sangre de tinta, O coleccionista de reloxes extraordinarios, A góndola negra,
Coleccións (das que leron varios títulos):
O equipo Tigre
Abadazad
Fairy Oak
Gerónimo Stilton
Junie B. Jones,
Harry Potter
Crónicas de Narnia
Kika Superbruxa
El internado
07/06/08
03/06/08
Hora de ler en 4º curso

Os nenos e nenas de 4º tamén avaliaron positivamente a "Hora de ler". Algunhas das súas respostas:
"Gustoume, porque axuda a aprender mellor a ler". (Raquel)
"Si, porque me gusta ler". (Martín)
"Si, porque me tranquizaba e descansaba". (Noel)
"Gustoume porque líamos os libros que queríamos". (Pablo)
Algúns dos libros que leron:
"Os Simpson", "Os megatoxos", "Fairy Oak", "Bambulo", "Gerónimo Stilton", "Kika Superbruxa", "Historia de una gaviota y de un gato que le enseñó a volar", "Boas noites", "A escola de piratas "...
02/06/08
Hora de ler en 5º curso

Os nenos e nenas de 5º curso avaliaron a Hora de ler.Estas son algunhas das súas respostas,todas positivas.
"Xenial, gustoume moito" (Rodrigo)
"A hora de ler pareceume unha boa ocasión para relaxarse".(Mara)
"Gustoume moito porque é unha hora na que se pode estar tranquila, lendo, e foi a primeira vez que se fai algo así no colexio".(Elsa)
"Pareceume algo novo e innovador.Gustoume moito a experiencia porque despois do recreo o que queres é relaxarte e lendo reláxaste moito".(Daniel)
"Pareceue moi boa idea. Gustoume porque ainda que é pouco tempo, é divertido poder ler un pouco antes de volver a traballar." (Lois)
Os libros que leron foron moi variados:"Os megatoxos". "Bambulo". "Os cinco" ,"El equipo tigre", os de "Yoko", os de "Kika superbruxa", "Mil cuentos de miedo", "Gerónimo Stilton","Crónicas de Narnia","Ulysses Moore", etc.
01/06/08
Avaliando a hora de ler
Este curso tivemos a HORA DE LER en todos os cursos, dende primeiros de Outubro.Unha sesión diaria de lectura silenciosa, de 20 minutos de duración en Primaria, e 30 minutos en Infantil.
En Primaria a sesión era á volta do recreo.Rematando xa o curso, pasamoslle aos nenos e nenas de 6º curso un par de preguntas para que avalien a experiencia:
1-¿Que che pareceu a HORA DE LER ?. ¿Gustouche a experiencia?
2-Nomea algúns dos libros que leiches na HORA DE LER.
As respostas son moi alentadoras. Hai 16 alumnos/as en 6º curso, e todos avalían positivamente a experiencia, con argumentos como:
-“Moi boa, é unha experiencia nova e gustoume ler porque nunca tiña tempo de ler na casa.”. Andrea C.-“Moi ben, sobre todo tantos libros que lin.Gustoume moito porque todo estaba en silencio e asi podíame concentrar millor na lectura” .Laura-“Pareceume boa, eu antes non leía e agora non paro de ler. Gustoume a experiencia porque mellorei a lectura.”.Jose Manuel
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
PARA FACER UN COMENTARIO
-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla
-Escribe no recadro o teu comentario
-Pulsa enriba de "Publicar comentario"
-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue
¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas
Grazas